Sáeme de dentro, aló do fondo. (Por UnDeTordea)

2010
01.25

Lonxe de entrar a valorar si na manifestación do 21 de xaneiro había máis ou menos xente, si afirmo que alí había Eu amo o galegomoita xente moza, e non tan moza, que sin ser radical vive na nosa fala, a fala dos nosos avós. Parece unha afirmación de esperanza pero eu mesmo me valoro a miña percepción e síntome mal o saber que o apoio que recibe a nosa lingua en realidade é pouco. Tamén escapo de valoracións políticas e do que recolle a proposta de tal “decretazo”, simplemente fun apoiar unha lingua que, encima é a miña, que non está a ser apoiada nin respectada como se debe facer con calquera signo de cultura, sexa cal sexa a súa orixe .Non sei de estatísticas nin nada, pero o que si que sei é que está en perigo. Chego a esta conclusión cun raciocinio simple:

Si en outras épocas de intentos de unificar territorios a base de impoñer unha cultura por riba da outra local (reis Galego outra forma de ver o mundocatólicos, séculos escuros) foi a poboación labrega, mariñeira, proletaria a que mantivo a fala, aínda que con mesturas que hoxe padecemos, o máis semellante á orixinal, en quen recae agora esa labor? . Destaca daqueles tempos, que a maioría da poboación era desa boa caste. Hoxe en día, mantense esa caste, so que con moitos menos efectivos (son especies en perigo de extinción) e manteñen a lingua nai, si pero ca redución das poboacións rurais, o éxodo cara a cidades, e non só iso, ese éxodo podía manter a lingua, pero aínda preparados con niveis de formación superior, parece que non queda ben neses niveis falar na lingua na que os criaron. Unha alternativa a esto sería pensar que vale, pasa eso, pero tamén hai “transfugas” doutras linguas a nosa…poucos coñezo, repito, sen datos estatísticos atrévome a dicir que case ninguén, pero claro está, aplaudo o esforzo e o bo gusto daqueles que o fan.

Non entendo a exaltación dalgún grupo negándose en que seus fillos aprendan en galego, nin que as matemáticas se Amo o galegoentenderan peor na nosa lingua!!, ou sairamos máis burros os que a falamos. Non me sinto radical por expresar o que sinto, e dar o apoio o que me parece xusto, é máis, tomo como miña a frase que moitas veces escoitei, “señor perdóaos, pois non saben o que fan”. Exactamente, non saben o que fan aqueles que esquecen as súas raíces e “maman” doutras axenas, non saben o que fan, pois seguramente a calquera deles lles pareza unha barbaridade a destrución (por poñer un exemplo) de “patrimonio da humanidade” nalgún lugar da China, e sen embargo o seu patrimonio deixan arquivar. Con esto non digo que non se deba estudar outras linguas, o que implica outras culturas, non, todo o contrario, pero non a costa da nosa.

Só unha reflexión máis; con este sistema pasará o que estaba a pasar ate de agora: non saberemos a lingua estranxeira, seguiremos cun nivel baixísimo, perderemos a nosa fala e cultura, e expresámonos mal nunha lingua que tomamos como nosa é que falamos como o carallo.

E outra máis, fixarse nos alumnos de Erasmus que caen na nosa terra, valoran eles mais a nosa lingua, intentando aprendela, cousa contraria que si imos nos alá, que nin intentamos aprender algunha das linguas comunicativas.

Así de listos somos.

Tags: , , , , , ,

3 Responses to “Sáeme de dentro, aló do fondo. (Por UnDeTordea)”

  1. caralladas76 di:

    por unha vez, e sin que sirva de predecente… non estou dacordo con moitas das cousas que dis. Como por exemplo:

    – non vexo ó galego en perigo. cando menos non polo de agora. é certo que se perderon moitos falantes e que camiñamos a unha situación onde deixará de ser a fala maioritaria, pero esta situación é unha herdanza da dictadura, non da democracia (ver Henrique Monteagudo en

    . E unha língua non pode estar en perigo cando nalgúns eidos (cultural, internet, etc) nunca se producíu tanto na nosa lingua en séculos.

    – o problema dos que saen do rural ás cidades e deixan de falar o galego é principalmente por unha cuestión de utilidade, non por unha cuestión de desprezo á lingua (que tamén se da en máis de un pailán, pero non son todos). O principal problema do galego e causa da actual situación é o rexeitamento que xera entre as elites económicas. Na dereita urbana, falando en plata. Nese senso, Portugal e sobre todo Brasil serán unha oportunidade para quen queira usar o galego como valor engadido, así que a poñerse as pilas porque a dereita urbana non está por esas.

    – dis que non coñeces ningún caso de xente “tránsfuga” doutras línguas á nosa? Ben, deixame que che diga que estás falando con alguén que non recibíu clases de galego ata os 10 anos, clases de galego en galego ata os 13 anos, e non falou unha verba en galego fora das clases de galego ata chegar a universidade. Porén, non só eu, senón todos os amigos do instituto cando nos xuntamos hoxe falamos galego (e ningún o facía daquela). A maioría dos que vivindo nas grandes cidades falan galego nalgún momento ou en certos ambientes son neofalantes, a tempo completo ou non, pero todo o que sexa que algúns nas vilas se inicien no galego, suma.

    – En certa medida, os ataques a língua están espertando á sociedade, a esa “maioría silenciosa” que estes patáns din está do seu lado, cando realmente a “maioría silenciosa” eramos todos os que pensabamos que coas políticas lingüísticas na escola iase dar a volta á situación, e que nós non temos nada que facer ó respecto. Hoxe non. Hoxe coido que todos os que amamos a nosa língua sabemos que o futuro está en que TODOS poñamos un pouquiño da nosa parte. non todo o han facer os políticos.

    E se unha panda de descerebrados estase a xogar toda a súa credibilidade en atacar o que é de todos, tranquilo. Nós non baixemos a garda. Nós non deixemos de defender o galego, sexas nacionalista, galeguista, socialista ou pases da política olímpicamente. Porque o importante é que de aqui vai sair a conciencia de que o galego está á marxe da política agás para aqueles que queren usala (a política) para acabar con ela (a nosa língua). E as eleccións son cada 4 anos (xa só quedan 3). paciencia. pagarán por elo.

    Saúdos.

    p.d.: esta semana adicaremos http://nosquedaportugal.blogspot.com a comentar algúns dos videos do Ecolíngua sobre estos temas, e tamén contarei dúas experiencias que me ocorreron hai anos que me abriron os ollos á respecto da utilidade do galego polo mundo adiante. Bótalle un ollo porque digoche eu que che animará o día, home!!

  2. unsetordea di:

    Moitas gracias pola túa crítica constructiva, é un pracer poder intercambiar pareceres con alguén (de paso dámoslle algo de atractivo a este Blog jeje). Pero esta é a miña réplica;

    -Tes razón en que nunca se fixo tanto na nosa cultura, no audiovisual, en internet na nosa lingua pero para min, o igual que unha raza, por exemplo, esta en perigo cando perde individuos, para min unha lingua que perde falantes stá en perigo. Tamén é unha opinión sen contrastar datos, pois como dixen non son manexador de estadísticas neste eido, só falo polo que observo.
    – ¿Un cambio de fala porque tes máis utilidade con outra?si, pode ser que nalgún momento si, pero ¿porque non pode ter a mesma utilidade o galego que o castelan?, con estonon falo de imposición nin radicalismo, pero si de igualdade, por exemplo, en cousas sinxelas pero de utilidade, a lectura dunha tese feita en Galicia e sobre o territorio de Galicia non se pode presentar en Galego.
    -E claro que coñezo a xente que cambiou, (non dixen que non coñecía a ninguén) de feito alguén importante para min o fixo, e encántame,igual que o fan persoas castelanfalantes que o intentan o falarme, encántame, valoroos e apoios para que o sigan facendo.
    -E claro que non é cousa dos políticos todo, pero tampouco é cousa deles cambialas cousa. Creo que moitos dos que fomos foi por motivo de apoio a nosa lingua e non de protesta exaltada, ou polo menos falo por min.
    -As cousas, pois claro que van ir a mellor pouco a pouco, pero é algo moi noso o chorar polos camiños, e o que ten que cambiar é que non so choremos, senón actuemos e traballemos por elo.

    Repito, encantado que te involucres no tema e no blog, é un pracer atopar con xente coma ti.

    Un saúdo

  3. Lu di:

    por fin esto se volve a mover algoooooooooo!!!!!!!! 🙂

    uffff tema jodidillo no?? jeje
    eu conformome con falalo e respetalo o mais posible….
    nuns entornos ou noutros… ai veces q non che queda mais remedio q pasarte o idioma do resto do pais, xro weno…

    eso si repateame ver (moitos aki preto) nenos que nas casas lle falan en castelan, cando os pais de toda a santa vida falaron galego (e q dan certa risa escoitalos falar en castelan)
    repateame tamen q non teñamos ni pajolera idea (os da egb sobre todo) de movernos en inglis (non fun quen de deletrear o meu mail o outro dia x telf a un inglishfalante) (claro q o meu milio non e facil nin en castelan! pa canto mais en inglish pa unha q non se acorda nin do mais basico)

    creo q a idade d empezar con novos idiomas debería ser (non tño nin idea,xro suponse que é cando somos “esponxas” q o absorvemos todo) cando nos empezan a meter na escola, cando empezan a ver debuxos (non ai debuxos en inglis ou franches??),…. o mismo inglish que franchis q GALEGO claro esta!! 🙂
    xro weno, .. como non me entero mais ben nada d politica non podo poñer verde a ningun jaja non sei cal quere que … 🙁 xro esa e a miña idea sobre o aprendizaxe dos idiomas… e o q creo e q tamos moi atrasadiños neso..

    todo o resto UNDETORDEA: “señor perdóaos, pois non saben o que fan” 🙂