Comentarios desactivados en Terceira Xornada Eurobasket

Terceira Xornada Eurobasket

2007
09.06

Comezamos o resumo de hoxe(terceira xornada) coa derrota de españa por 1 punto, (85-84), cun triplo do madridista marko Tomas(cedido esta próxima tempada, ao Fuenlabrada), nos últimos segundos. Esa foi a canastra que confirmou a derrota, pero antes pasaron moitas máis cousas. Así desde o salto inicial xa se previa un partido igualado, esperando eses minutos máxicos de españa, que onte nunca chegaron. No primeiro cuarto(28 – 21), o partido estaba totalmente dominado, ata parecía que os croatas renderíanse dun momento a outro. Así comezou o segundo cuarto, no que os croatas endureceron o seu xogo, pero non foron capaces de reducir a diferenza. Chegouse ao descanso cun 50 – 40.Foi no terceiro cuarto cando peor se puxeron as cousas, tres triplos en tres ataques de Tomas, Popovic e Kus(creo) recortaron a vantaxe a 2 puntos (56-58), e cun pésimo xogo, faltas absurdas, mala elección de tiro, e un sen fin de fallos, fixeron que os suplentes encaixasen un parcial de (27 – 15). O cuarto decisivo, comenzou cun 65 – 67 a favor dos croatas, continuaron os fallos españois, a dura defensa á que os someteron, que permitían os arbitros, e a pesar de todo rudy estibo acertado e con dous tiros libre e unha tripla puxo a españa por diante, (77 – 81). Ese foi o mellor momento do cuarto, xa que dun (77-70) a favor dos croatas, pasouse cun parcial de (11 – 0) a un (81 – 77). Alternancia de posesións, que dá como resultado unha lixeira remontada dos croatas. E así se chegou a falta de 6 segundos ao xa famoso resultado de (82-84), cando marco tomas, con sangue frío, meteu o triple decisivo. Aínda quedaban 3 segundos, pero os árbitros non querían ser protagonistas e non pitaron unha máis que posible falta a rudy.Primeira derrota de España no campionato. Destacaron Gasol(26) por españa, tomas(13), incluído o decisivo triplo e popovic(18). O venres desquite da final do mundial, grecia – españa (21.30 h, a secta)

Os demais partidos tamén houbo sorpresas, aínda que non no Polonia 70 – Italia 79. Italia clasificouse para a segunda fase, e non é pouco despois do mal comezo no campionato e tras sufrir ante a eliminada Polonia a quen gañou por nove puntos. Destacaron neste partido Wojcik (12), por parte polaca e Belinelli (20), Bargnani (19) por parte de italia.

Rusia gañou ao actual campión, Grecia, por (61-53) e deixa á selección rusa na primeira posicion do grupo, e a segunda para grecia, que se medirá a españa o venres, (21.30 na secta). Destacaron Holden (17), e como non, Kirilenko (12), por parte dos rusos. Spanoulis (12), na selección grega foi o mellor. A fichaxe estrela do real madrid, papadopoulos, cero puntos. Mal sintoma?

Turquía pasou á segunda fase tras gañar á República Checa nun partido no que gañaba seguía no torneo, un partido a vida ou morte. Así o entenderon as dúas estrelas NBA turkas, Okur(16) e Turkoglu(22), levaron á súa seleccion a unha vistoria fronte aos checos.Turquía levou o partido a base de bo xogo e un bo acerto nos lanzamentos sen deixar que os checos se achegásen no marcador e levasen o partido e a clasificación, a pesar do bo partido do xogador do Juventud de Badalona Barton(22).

Portugal gañou (77-67), pero non dependía de se mesma para clasificarse, a non ser q gañase aos letons por máis de 15 puntos. Non puido ser, a pesar do bo partido e de chegar a ter máis de 10 puntosde vantaxe, a só 5 do milagre. Con todo iso, tiñan que estar atentos ao resultado dos croatas con españa, e o milagre produciuse, xa que españa non puido gañar, o que leva á selección portuguesa á segunda fase. Os xogadores destacados neste partido foron: Joao Santos(Grupo Captol Valladolid)(14) e fernandes(14) por parte lusa, e Janicenoks (21) por parte letona.

Eslovenia xogou un gran partido, sobre todo na segunda parte e gañou a Francia por 1 só punto (67-66), despois de que tony parker fallase o tiro libre que podía forzar a prórroga.Os franceses chegaron ao partido relaxados e levaron unha sorpresa ao longo dos dous primeiros cuartos cando chegaron a perder por 33-48.
Xa na segunda metade puxéronse a traballar remontando ata a igualada no terceiro cuarto. A partir de aquí, intercambio de canastras, que sempre beneficia ao equipo que vai por encima, neste caso eslovenia, na que Francia non puido conseguir igualar ou remontar, a pesar de ter opcións de prórroga. Partido moi interesante, cun final de infarto. Por parte de Eslovenia destacaron: D. Lorbek (15), Jagodnik (12), Smodis (15) que puideron cun solitario tony parker(25).
E por fin, a gran bomba¡. Israel, o último clasificado, logo da fase de repesca, deu a gran sorpresa gañando aos Serbios por 87-83.
Un gran partido de Yaniv Green (26 puntos e 12 rebotes) fai que se metan na seguinte fase á conta de Serbia que perdeu toda credibilidade, e terá que loitar por un posto do 9 ao 16.
No primeiro cuarto, vantaxe de Serbia por 16-23, que aumentou ata un 36-45 ao descanso, que parecía decidir o partido, e como gañador a Serbia. O maior acerto dos serbios, sobre todo do ex azulgrana e ex do Unicaja e seguro que máis ex terá, Milan Gurovic (19 puntos), e a debilidade da selección israelí fixeron que se chegase coa maior vantaxe ao descanso.
O terceiro cuarto comezou co dominio de serbia, pero Israel, co paso dos minutos, acurtou a vantaxe ata porse por diante, por vez primeira, a falta de 45 segundos para o final do terceiro cuarto cunha canastra de Green (61-60).Os Israelitas melloraron o seu xogo durante os últimos dez minutos e non deron opción aos serbios, que deixaron escapar a vitoria coma se tratásese dun equipo novato. Os destacados foron: Green(26) e Halperin(17) por parte israelí, e Gurovic(19) e milicic (1 8.) por dicir algo, por parte balcánica.

Comments are closed.