Archive for the ‘Sin categoría’ Category

@criptomonedas_inversores_Bitcoin


2021
12.11

@criptomonedas_inversores_Bitcoin é o nome dun grupo de Telegram. Parece interesante. Cando menos se tes certo interese por este activos dixitais. O certo é que recentemente recibín unha mensaxe dun amigo/coñecido.

Decía o seguinte:

Hola, Que tal?
Necesito a túa axuda axuda, creo que me estafaron. ¿Tes un momento para falar?

Cando me empezou a contar non daba creto. El estaba convencido que sería unha especie de roda portuguesa, por eso se decidiu, pero non foi así, ERA UNHA ESTAFA (sí, spoiler total)

Tras a conversa, o primeiro que fixen foi unirme a este grupo para investigar e publicar este interesante artigo.

O grupo, @criptomonedas_inversores_Bitcoin ten máis de 100K de seguidores. Unha cantidade xa respetable. Esto o fin e o cabo da seguridade. Tamén o da que non existe ningunha entrada en google falando abertamente deste grupo, ou dunha posible estafa.

O MÉTODO

Dentro xa do grupo poder ver como te animan a invertir en bitcoins, con lugares ‘limitados’ e aproveitando o ‘día’. Sí, sí, lees ben, no mesmo día (discleimer: pode ser posible tendo o coñecemento suficiente). É dicir, ‘invirtes’ ese diñeiro e máxicamente se convirte en unha suma multiplicada por 10!!!

Por tanto, o seguinte paso era escribir a @Alberto_CriptoTrader. Esta persoa que da apariencia de luxo, e según me din escribe nun perfecto castelán. Aínda así, estará no caribe, asia, ou no piso o lado teu disfrutando do ‘roubo’.

Neste primero contacto (sintoo, non teño capturas de pantalla), volve a explicarche o método, e a primiera pregunta que che fai é se queres recibir os beneficios vía transferencia ou paypal (tras analizar o grupo podes ver que ningunha das múltiples transferencias de beneficios se realiza por paypal). Curioso cando menos.

Bueno, o incauto amigo, decide meter 400€ coa idea de que sexa unha roda, sendo consciente de que era ‘raro’, pero tras unha vez que recollera beneficios, se baixaba do ‘timo’.

Como o mínimo que che di o querido Alberto (ou como se chame) é de 350€, pensou que 400€ daría confianza o noso incauto ‘broker’. De incauto tiña pouco.

Fixo o ingreso a esta billetera. bc1qawwt3xk3eft975kramx34spwuuxq8pcvs403eq. Poñoa por aquí por se alguen lle pasa.

Aquí está o erro do meu amigo. Fixo unha transferencia a unha billetera do seu ‘broker’, alberto. E claro, cando xa está feita… empezan os problemas. Como se pode ver nos rexistros da blockchain, vese como rápidamente se divide en moitos máis trozos pequeniños. Así e moito máis difícil de rastrexar.

Pero ahí non acaba todo. Porque só fixemos unha transferencia, e neste momento o noso amigo aínda ten esperanzas de recuperar o perdido.

A RESOLUCIÓN

Tras un pequeno lapso de tempo, aproximadamente de media hora, como era de esperar, xa logrou non multiplicar por 10, senón por 15!!! Con 400€ invertidos (realmente menos polas comisións de moonpay), conseguira máis de 5500€. (desculpas, pero este amigo non sacou capturas). Dime que incluso lle mandou capturas dun gráfico, supoño que inventado, de como foi a operación. @criptomonedas_inversores_Bitcoin e Alberto_CriptoTrader son uns magos das criptodivisas. Da gusto traballar con xente tan profesional, sen dúbida.

Soltar cartos a esgalla ten un problema. Non pode ingresarlle os ‘beneficios logrados’ xa que ten unha comisión para sacar os bitcoins da plataforma (unha desculpa, supoño que random). Deste xeito, pide de novo 400€ máis!!!

É aquí cando o noso amigo (o de verdade) se da conta de que algo vai mal. Algo non encaixa, e decide non enviar eses 400€ adicionales. Fai unha semana que contactou conmigo, e a operación realizouse o día 28 (como se pode ver nas capturas).

Dígolle que intente decirlle se existen outros métodos para recuperar ese pastizal. Que o fixera moi ben e que quería seguir invertindo. Pero que necesitaba o diñeiro, por múltiples razóns. Así o fixo, pero alberto o cripto trader, non transixiu.

É mais, comenteille que me pasara capturas para publicalo a través de este pequeno blog, e o noso amigo tamén é experto en ocultar probas, xa que telegram permite eliminar mensaxes.

Por tanto, agora, xa non so non responde, senón que elimina todo rastro, o que complica aínda máis o proceso de unha posible denuncia.

DENUNCIAR?

Tamén me preguntaba como podía denunciar. Pero o certo é que lle vexo moi poucos visos de prosperar.

Por varios motivos, o primeiro porque esos cartos están superdivididos en casi 100 contas. Tes un rastro dixital, pero asociar eses importes con unha persoa, é casi unha tarefa imposible. Por ese motivos, a delincuencia usa estos activos dixitais como refuxio.

Busquei imaxes de Alberto_CriptoTrader en google images (que o asocia a ‘comfort’), a partir das que subía, pero non atopei nada. Busquei os metadatos, pero tampouco me deu ningunha pista.

A verdade é que parecen un grupo profesional. @criptomonedas_inversores_Bitcoin teñen todo ben atado, para que isto non se descubra. ¿Porque naide publicou antes esta entrada? ¿Tirarán tamén as webs que falan deles? Todo esto en próximos capítulos.

E ti, denunciarías? pasouche isto antes? pasouches coas criptos?

Léote nos comentarios

LU-P-1201, a historia interminable


2020
09.19

A historia interminable, é unha novela do escrito alemán Michael Ende, concebida no ano 1979. A novela expresa o desexo de atopar unha realidade que nos rodea a través de percorrer o camiño inverso, é dicir, a parte interna de cada un que reside na súa imaxinación. E aínda que pareza unha contradicción, a novela ten fin. Podo aseguralo, non así a LU-P-1201.

O INICIO

Ven isto a colación, xa que veño de ver o seguinte chío no servizo TIC de audiovisuais da deputación de Lugo sobre a LU-P-1201.

Vendo a noticia, recibín unha tremenda alegría. Rematar a mellora da LU-P-1201 era un fito que leva aberto dende principios deste século. Así o atestiguan as crónicas da época.

Artigo sobre a LU-P-1201
Artigo publicado na ‘Voz de Galicia’

Así as cousas, no 2008, se empezaban as obras da LU-P-1201. Este é o cartel:

Catel do Proxecto sito en Miranda o seu paso pola LU-P-1201.

Pero algo me perturbaba, polo que decidín confirmar esta información na web da deputación de Lugo. Esta é a info orixinal:

Nota da deputación de Lugo en relación a estrada LU-P-1201

Aquí é donde, o titular sí é o publicado poloi servizo de audiovisuais, pero o contido varía abondo.

Ao entrar a ler a noticia, produce unha profunda decepción, xa que logo, podemos observar varios puntos.

A DEBATE

  • Os terreos levan expropiados dende 2003 e non é ata 17 anos despois cando se prevé retomar a súa finalización. (máis o que queda para a súa execución, se algún día se leva a cabo)
  • Só se vai a acometer ese tramo, entre o ‘Coto‘ no corgo, e ‘Agustín‘ en castroverde dos 16 KM da LU-P-1201.
  • O proxecto da obra, evidentemente que está redactado. (non é novidade) Leva dende o 2007, cando se prevía arreglar toda a estrada entre Outerio e Sobrado, pero quedou en nada pola presión dos propietarios de diferentes parroquias castroverdersenses (ou iso comentan fontes afíns a súa redacción).
  • Tras 17 anos aínda se precisa autorización da confederación. Nunca se pretendeu retomar as obras, nin facelas, está claro.
  • Como ven di a nota, a estrada de 16 quilómetros de lonxitude, vertebra directamente 7 parroquias do concello, pero creo que pouco mellora a súa comunicación polo arranxo de 1,5 quilómetros no extremo máis alonxado do núcleo do concello.
  • Esta estrada que debería vertebrar o interior do concello, segue a ser unha rémora, tanto polo seu pavimento, como polas súas constantes fochancas, pasos estreitos e demais defectos dunha estrada que leva tempo sen melloras.

Concluindo


Cunha refoma todal sí se podería dar un mellor servizo a todas as empresa do concello instaladas nalgunha das sete parroquias, ou cercanas. Tamén sería moi útil para os gandeiros. O seu ancho fai que sexa complicado transitar en épocas de recollida de forraxes.

Ben seguro que se me olvida algún detalle máis por indicar. Non podía deixar pasar a oportunidade, para instar a deputación de Lugo e o concello de castroverde, que rematen a estrada entre o ‘Camiño Ancho’ (actual polígono de castroverde e pertencente a parroquia de San Xulián de Pereiramá, e Agustín, a LU-P-1201.

E ese sí sería o remate ‘real’ desta estrada, a LU-P-1201, que leva más de 17 anos levando parches, falsas promesas de fins, e convertendoa nunha ‘historia interminable’. Tal e como lle aconteceu a piscina no seu día.

Nunha próxima entrada, centrareime no ‘arranxo’ entre Outeiro e o acceso o ‘polígono industrial’. que tamén ten o seu ‘aquel’.

Presentación electrónica de documentación na Xunta de Galicia sen procedemento específico – PR004A


2019
09.02

Coa ‘nova’ lei de procedimento administrativo común, a tramitación telemática é a opción normal e comeza a ser a habitual.
Calquera documento presentado en papel debe ser dixitalizado e así debe tratarse nas administracións e organismos públicos. En concreto a Xunta creou o procedemento PR004A.

PR004A
Vista do procedemento PR004A

Na orde do 4 de mayo de 2017 a Xunta de Galicia permite a presentación de calquera asunto que non estivera recollido nun específico, xa tardaba.

A xunta descríbe así o procedemento PR004A:

Procedemento PR004A

Este servizo permite presentar electronicamente unha solicitude, escrito ou comunicación cando estes trámites non teñan establecido un sistema ou modelo específico. Debe dirixirse a departamentos, organismos autónomos ou entidades públicas da Xunta de Galicia.
Se o trámite que vai realizar está relacionado cun procedemento definido na guía de procedementos e servizos. De ser o caso terá que utilizar obrigatoriamente o modelo específico indicado na guía en lugar do modelo xenérico. Polo tanto, recomendámoslle que busque o modelo específico para o trámite que vai realizar na guía de procedementos e servizos, e só no caso de non atopalo, utilice a solicitude xenérica.


As persoas interesadas deberán achegar todos os datos necesarios. Todos istes datos previstos no formulario de inicio do servizo, para a remisión electrónica de solicitudes, escritos ou comunicacións. En particular, deberán identificar axeitadamente o órgano, servizo ou unidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia a quen dirixen a documentación.


Obxecto
Servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico. Segundo o establecido na normativa reguladora de cada procedemento nin cun modelo electrónico normalizado.


Ámbito de aplicación.
Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico. Segundo establece na normativa reguladora de cada procedemento nin cun modelo electrónico normalizado. Dirixidos a calquera órgano, servizo ou unidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A quen vai dirixido?
Os suxeitos obrigados a relacionarse por medios electrónicos coas administracións públicas. De acordo co artigo 14 da Lei 39/2015, así como as persoas físicas que non estando obrigadas a relacionarse electronicamente, elixan empregar esta vía.

Requisitos
As persoas interesadas deberán achegar todos os datos necesarios, previstos no formulario de inicio do servizo. Para a remisión electrónica de solicitudes, escritos ou comunicacións deberán identificar axeitadamente o órgano, servizo ou unidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia a quen dirixen a documentación.

La nueva moda: pulseras deportivas


2019
01.07

Las pulseras de silicona han llegado al mundo del deporte, para darle un toque diferente a la imagen de los eventos deportivos en España.

Durante muchos años los eventos de carácter deportivo se han centrado en los detalles grandes, como publicidad, venta de camisetas, botellas y diferentes productos, pero habían dejado de lado el tema de las pulseras.

En este caso, las pulseras son un elemento que es un elemento publicitario que se puede llevar en todo momento. La silicona es un producto muy resistente y que se puede usar constantemente sin verse dañado. Los eventos deportivos han dado el paso en este sentido y las pulseras ya son uno de los productos más demandados por los organizadores.

Uso global

Las pulseras que se dan en el momento de participar en el evento, no solo son exclusivas para hacer deporte. Si se escoge un modelo adecuado y vistoso, se puede hacer uso de ellas en el día a día. De hecho, cada vez más gente presume de haber participado en ciertos eventos de estas características, por la calle se puede ver a muchísimas personas con pulseras de este estilo.

Además de su vistosidad, las pulseras ofrecen mucha comodidad a lo largo del día. Con la talla adecuada, no se hacen notar en la muñeca y se pueden llevar sin notar molestia alguna. A la hora de correr, la pulsera no es nada incómoda y también se puede hacer uso de ella en los momentos más intensos del día.

Por otro lado, el producto que se hace servir es la silicona y se hacen mucho más resistentes en diferentes superficies. En este caso, la silicona ayuda a que sean reutilizables y que se puedan bañar en el agua sin preocuparse por perder color o las figuras impresas sobre la pulsera. De hecho, hay diferentes técnicas para poder grabar la tipografía en ellas. La más común es la impresión simple, pero también hay otros tipos de grabados, como el de alto relieve o el de bajo relieve que no se desgastan con el tiempo.

Diferentes modelos

La diversidad de tipos de pulsera hace que se pueda personalizar cualquier pulsera. Los eventos pueden recurrir a la personalización para desmarcarse de otras pruebas deportivas y sentirse únicos en este aspecto de marketing comercial.

Escoger un buen diseño, atractivo y único hace que sea una decisión importante. Hay empresas que ofrecen una diversidad incansable de tipos de pulseras y de hecho, también dan la opción de hacer un modelo diferente y único para el cliente. La elección de colores y la combinación con las letras se antoja una decisión especialmente importante a la hora de la realización de estas.

Hay muchos tipos de combinaciones y elementos que incluir en las pulseras y ya son muchas las empresas que ofrecen este tipo de productos, por ejemplo, pulseras para discotecas ofrece una infinidad de modelos y con la mayor calidad posible que se encuentra en el mercado.

Elige, compara, y quédate con los mejores.

Un tesouro


2015
08.19

Cústame expresar con adxetivos axeitados o que sinto o ler (non o puiden escuitar) o pregón de Ánxela Gracián na X Feira de Artesanía. Confeso que non nos conocemos, nin esperaba estar nese elenco de tesouros, coñecidos ou non que a señora Remedios de Casanova reflectía coas últimas palabras do mouro.

A señora Remedios de Casanova estaría prendida polas palabras de Ánxela. ¡Parabéns!

Aquí volo deixo para poder volver a degustalo.

PREGÓN

AGRADECEMENTOS

As miñas primeiras palabras son de agradecemento, para os que estades aquí a esta hora na que xa apetece xantar, e de agradecemento moi especial para a Alcaldía, representada por José María Arias, por me ter convidado a dar este pregón. Un agradecemento moi especial á concelleira de Cultura, Pilar Ferreiro, polas súas palabras de presentación, polo seu convite afectuoso e polo agasallo da súa confianza, así como os meus parabéns sinceros pola X edición dunha xa consolidada Feira de Artesanía que, ano tras ano, conta cun público asistente e participante que xa espera con entusiasmo chegada destas datas. Parabéns a toda a corporación por este magnífico traballo!

Se a miña vocación pola literatura e a miña paixón e coñecemento polas linguas, especialmente polo galego, son a razón fundamental de que estea eu hoxe aquí falando para vós, como se eu tivese cousas moi importantes que dicir, non quero comezar o pregón sen un recoñecemento especial ás nosas devanceiras, ás mulleres que me precederon e que non tiveron a oportunidade de ter estudos, tomar conciencia da súa valía e poder falar como o fago eu aquí hoxe. Dalgún xeito desexaría que se recoñecesen nas miñas palabras.

-Eu valer valíache, que che tiña moita memoria –dicía sempre a miña avoa.

Pero un é sempre as oportunidades que lle outorga a vida. Eu nacín a finais dos 60, cando xa a economía das familias campesiñas do lugar mellorara un pouco e era posible mandar os fillos estudar fóra.

PERTENCER A UN LUGAR

Hai xente que bota toda a vida buscando un lugar a onde pertencer, e a súa existencia transcorre sen ser de ningunha parte. Moitas destas persoas sofren de desenraizamento, setimento que lles produce fondas feridas na autoestima e na identidade.

Hai un segundo tipo de persoas que, pola súa condición de emigrantes, viven a cabalo entre dúas patrias, a que os viu nacer e a que lles deu acubillo. Eses homes e mulleres que teñen un sentimento aínda máis fondo de amor a unha terra mitificada. É o caso dun dos nosos castroverdenses máis ilustres, o recentemente falecido artista Baldomero Pestana, a quen me gustaría recordar aquí con cariño e agradecemento polo interese que amosou polo meu traballo como escritora e pola súa cálida e afectuosa acollida, na que foi a súa última casa na aldea luguesa de Bascuas. Gustaríame destacar a amabilidade e a bonomía que caracterizaba a este castroverdense cultísimo, grande artista, gran conversador e gran persoa, que regresou a Castroverde, como el dicía, para “pechar o ciclo”. Así que onde queira que agora esteas, amigo Baldomero, recibe o noso máis cariñoso recordo.

Eu non pertenzo nin ao grupo dos desenraizados nin ao de corazón dividido. Son dese terceiro grupo de persoas que naceron coa certeza de ser e saberse dun espazo e dun lugar concretos, e teño a fortuna de que ese espazo e ese lugar concretos se chama CASTROVERDE.

Toda a miña traxectoria vital e artística está marcada por esa condición: SER DE CASTROVERDE.

Castroverde leva na base do seu nome, no seu topónimo, a esencia do que somos: un concello con máis de cen castros, segundo o director do castro de Viladonga, o historiador Felipe Arias.

Os castros, as antigas aldeas dos celtas, se é que eran os celtas os que estaban aquí antes da chegada dos romanos, os castros, digo, forman parte do noso nome. Tamén forman parte do noso patrimonio inmaterial, esa cultura forxada ao longo de xeracións e xeracións á beira do lume nas longas noites de inverno, ou fóra, á sombra dos carballos, cando o mal tempo daba tregua e a caloriña o permitía. Cultura inmaterial de noso en forma de contos, lendas, refráns, ditos, adiviñas e cantigas que permaneceron ao longo de xeracións e xeracións. Que nos cen castros de Castroverde vivían os mouros, eu sóubeno á idade de cinco anos. Meus pais mandáranme á escola da Ferreira, que era a que me pertencía e que estaba de Gracián a uns tres quilómetros de distancia, así que marchaba moi cedo e volvía á tardiña. Cando soubo isto a señora Remedios da Casanova de Vilar, díxolle aos da miña casa:

-Mira, non é bo que a nena coma na pendella, ao frío, é mellor que veña canda as outras nenas de Vilar comer á nosa casa, que calor e uns poucos de faragullos sempre ha de haber para todos.

A señora Remedios da Casanova era unha muller con ese sentimento de pertenza a un lugar e a un territorio do que falei antes. Unha muller que se doía da xente, coma tantas outras mulleres campesiñas das nosas aldeas que vivían co que tiñan e compartíano con quen consideraban que estaba necesitado.

A señora Remedios compartiu comigo, ademais dos seus saborosos “faragullos”, -prato nada desdeñable por outra parte, que contén a esencia do que somos gastronómicamente: centeo e trigo. Os faragullos fanse en tixola de ferro e cómense esfrangullados sobre os cachelos. Se son menos esfrangullados entón chamáballe “fariñote”. Se son coma unha especie de tortilla chamáballes “freixós”, pero a base é sempre a mesma: centeo e trigo, mesturado, se a economía e a estación o permitían, con roxóns. Alimentación básica dunha sociedade de premontaña autosuficiente pero con carencias.

A señora Remedios compartiu comigo, ademais dos faragullos, o seu soño: atopar o tesouro do mouro do Castro de Soutomerille:

-O mouro do Castro de Soutomerille vísteche todo de verde, dende as polainas ata a chambra, e verdes son tamén a pucha e as zocas, que todo o seu atuendo é da cor das esmeraldas –contábame a señora Remedios.

-Non a creo –dicíalle eu-. Os mouros non existen.

-Que non existen? Tiñas que oílo berrar, cando Elías e mais eu imos labrar á Croa do Castro, habías ver se existe ou non existe:

-Non aredes tan fondo, oh, que aínda me habedes destellar a casa! –berrábanos o mouro alporizado.

-E nós, para non contrarialo, arabamos máis a modo. Tamén porque tiñamos medo de que non nos dixese nunca onde gardaba o tesouro do Castro de Soutomerille. Un día, cando xa remataramos a sementeira das patacas, démonos conta de que o mouro nos bebera todo o viño que levaramos, e o meu Elías díxolle que lle tiña que pagar o que lle custara. O mouro, que era de lei, púxose a facer as contas pero non se saían a xeito, e eu decateime deseguidade que as contas non daban porque as botaba polos dedos e de que na man dereita só tiña tres, que os outros perdéraos no Muíño da Pallota, un día aguzando o peite de ouro da Moura da Fonte das Bicas -contábame a señora Remedios.

Cultura inmaterial, mitoloxía, lendas, contos, ditos, refráns, historias das nosas fontes, -da Bica, a das Ninfelas, a dos Cucos, a da Fontela…- das nosas pedras, -A Marronda, As Penas do Zorro, o Penedo Redondo…-, dos nosos montes, -o Forno da Vella, As Penas do Zorro, Bidueiros, A Vacariza…- historias das nosas aldeas: Rebordaos, Penalonga, Peredo, Furís, Masoucos, Trascastro, Recesende, Vilacote, San Xulián, Miranda, Mirandela… e calquera das 33 parroquias que intergran o Concello de Castroverde. Cultura inmaterial que os nosos avós e avoas lles contaban ás nenas e nenos, non tanto xa aos da miña xeración, que xa se estaba perdendo, como aos das que me precederon, xentes todas que eran auténticas bibliotecas da oralidade, transmisores espontáneos de escenas da vida cotiá, adubiadas con imaxinación e fantasia fabuladora, graza persoal e lirismo, material novelesco de indubidable valor posto ao servizo do relato espontáneo, que fala do que somos e do que soñamos, no que bebín cando, como escritora, quixen forxar unha literatura escrita que legarlles aos nosos rapaces e rapazas.

A outra esencia do noso nome é esa condición de frondosidade, esa “verdecencia” da que se fala no noso himno galego. Castroverde, territorio de premontaña, regado polas augas vizosas do Azúmara, o Chamoso e o Tórdea, sucado de centos de regatos que escorregan dos máis de mil outeiros que compoñen a nosa xeografía de 173,5 km cadrados, sen case ermos nin baldíos, é unha sucesión de vales e cómaros frondosos, visitados polo vento e a choiva, as máis das veces en forma dun orballo que nos acompaña moitos días do ano, e que lle dá a estas terras semialtas de premontaña un certo ton por veces de melancolía. Terra rica en regatos, á beira dos que se levantan muíños de maquía e moas, sobre os que se constrúen pontes, pontillas, pontellas, pasadoiros e arcas para coller troitas, en fontes, pombais, capelas, algún hórreo de planta cadrada e estilo asturiano, en fornos de pan, en pías de auga e bebedoiros…

Castroverde, concello no que a maior parte da poboación que vive nas aldeas se dedica á explotacións de vacas de leite e de carne, combinada con algo de agricultura, sobre todo de autoconsumo, con ingresos extra procedentes das masas forestais provocadas polo abandono da gandaría, fenómeno este que deu lugar a unha nova frondosa mancha verde que se instalou no que outrora foron leiras de cultivo e pastos. Neles medra principalmente o piñeiro, entremesturado coas vizosas fragas autóctonas compostas por carballos, castiñeiros, abeneiros, salgueiros, bidueiros, bieiteiros, caxigos, etc, e vedes que non digo “árbore”, porque esta palabra non existe no idiolecto dun campesiño galego, simplemente porque non a precisa xa que as coñece indiviudalemnte, chamándolles a cada unha polo seu nome.

Para min Castroverde é sobre todo paisaxe. Cando escribín as miñas primeiras liñas literarias o que primeiro apareceu foi ese bosque da infancia: as primeiras carballeiras, os primeiros animais, animizados, nun ciclo de contos que titulei: “As voces do bosque”, sin dúbida, aconteceu iso porque esa paisaxe nosa, sen eu sábelo, causara fonda impresión en min dende o primeiro momento en que asomei á vida.

Dicía o lugués Anxel Fole:

“A paisaxe vese, mais tamén se oe, e se escoita e, sobre todo, tamén se sente nun sentimento que vai no fondo da alma.”

De Castroverde falou Aquilino Iglesia Alvariño, un dos grandes poetas da Terra Chá:

 

“De cara á Meira a serra é doce aínda azul de lonxanías.

A do Teixo e a do Cádebo, aló por Castro Verde,

brilan –xa case nubes, como vidro

coa alegía da neve renovada.

Cómaros verdes

 

A paisaxe é sempre un sentimento subxectivo.

-Falas así porque non traballas na terra –diríame meu pai se me estivese escoitando.

Porque efectivamente, para un campesiño, non existe a palabra “paisaxe” senón a palabra “terra”, e Castroverde é iso: terra, porque a forza da natureza neste lugar da provincia de Lugo déixase sentir dun modo moi intenso xa que a nosa paisaxe está moi pouco transformada pola man do home. En Castroverde hai moi pouco diso que os arquitectos chaman “paisaxes de frustración”, concepto que acuñou ese gran visionario da ordenación do territorio que é Xerardo Estévez, que non defende tampouco as paisaxes de postal que levaron a máis de cinco millóns de galegos á emigración e se nega a mitificar o bucolismo porque non dá de comer nin concibe o progreso. No noso concello é posible aínda unha ordenación do territorio planificada e intelixente, porque non se destruíu case nada previamente.

Cando baixas dende o alto da Vacariza e enveredas polas terras de Vilabade, coas súas casas de labranza de granito gris de cantería e a magnífica igrexa do século XIV, case catedral, para te internares no cerne na capital do concello e visitares o recinto da Fortaleza de Lemos coa súa Torre do Homenaxe aínda en pé, e co seu dintel misterioso dese gaiteiro, sentes esa forza obxectiva da beleza. Falando dese dintel misterioso, sempre me fago a mesma pregunta: Quen era esa figura? Que representaba? Non son experta en iconografías medievais senón escritora e a min gústame imaxinar. Por iso imaxino que a muller do señor de Castro, cansa de esperar ao home que estaba sempre na guerra contra os Mouros, ou iso lle dicía, dicidiu inmortalizar o seu amante gaiteiro no dintel desa protoventá, para telo sempre presente na súa vida cotiá, coma despois se gardaron os retratos, sempre dentro do xustillo, en agradecemento a tanta fogaxe compartida. Ou tal vez ese dintel é un signo, e do que dá conta é da importancia da música de gaita nestas terras. Tal vez ese gaiteiro de pedra se encarnase, noutra volta do Círculo, en Cándido Díaz, ou quen sabe se nalgún dos mozos que tocan na banda de Gaitas e Tambores Zuncurrundullo, grupo que retoma a ideoloxía dese dintel de semellante condensación plástica.

Efectivamente, nada sabemos de certo dese gaiteiro misterioso inmortalizado na pedra, nada agás que o seu soño era o mesmo que o do mouro: atopar o tesouro agochado no Castro de Soutomerille.

Imaxino tamén a Xoana de Castro, vindo a cabalo dende a Fortaleza dos Lemos en Monforte ata a Fortaleza dos Lemos en Castroverde, só para gozar dos faragullos, ou dos berzóns con patacas rustridas con chourizo, ou dunha boa pota de frebas, que tan ben saben aquí en Castroverde. Din os cronistas que Xoana de Castro traía nas mans un soño ledo de pantigo e liño. Estou segura de que ese soño era, sen dúbida, o mesmo soño do mouro do Castro de Soutomerille e do gaiteiro do dintel da Torre da Fortaleza: atopar o tesouro que se agocha nas terras de Castroverde.

Saíndo da vila, alancas por unha verea de castiñeiros centenarios para te perderes pouco despois pola frondosidade do val de San Miguel, profundo e boscoso, onde sentes o rumor do vento nas follas dos carballos e o ruído brinqueiro dos regatos e da follaxe do chan que renxe ao paso das botas. Entón é cando te decatas dese aire de elegancia sinxela das aldeas que van quedando atrás: Rebordaos e Recesende no alto; a unha beira o vilar de Penalonga; Souto de Torres, polo medio, con casas grandes nas que entraban noutrora moitos ferrados de pan e moitos carros de herba; San Paio a unha beira; Gracián invisible no fondo; entón vén Moreira e a memoria dun mosteiro; Vilar de Cas; -aló abaixo Paderne, coa casa dos Pallín que aínda señorea e aló enriba coma un presaxio Soutorille, Castedo, Francelos, Barredo e A Meda; chegas ás Cambas e vas cara á Pallota abandonada; logo vén Gondar coa Pena Branca no alto que parece dar entrada ao Concello de Lugo … Atrás queda Castroverde pero o camiñante xa non podesrecuar porque o engado xa operou e xa é vítima do feitizo de Castroverde, do que quedou prendado.

O Camiño Primitivo de Santiago é o máis antigo de Europa, -recentemente declarado pola UNESCO canda o camiño do Norte, Patrimonio Universal da Humanidade. Cómpre dicir que este camiño ía ser chamado “camiño vello” e que debe o seu máis axeitado nome en gran medida ao castroverdense Ricardo Polín. Din que o Camiño Primitivo é o camiño de felicidade, como o son os países de Butang ou O Tibet en Asia. Aos que nacemos en Castroverde esta afirmación non nos estraña en absoluto, dado que tal camiño pasa polo noso concello.

Falando dos peregrinos que algúns viñan extraviados por Gracián cara á Paderne para retomar a traza logo no alto dos Muíños e Romeán cara ás terras de Lugo, o meu avó chamáballes “cansacamiños”, nome que, sen dúbida, fai referencia ao cansancio non do camiñante senón do camiño, pois o camiñante non cansa cando camiña sobre a beleza deses quince quilómetros de percorrido por Castroverde.

Un bo “cansacamiños” noso é sen dúbida outro castroverdense loitador, Manolo Muñiz, responsable dos irmandamentos dos Castro Verdes da Península Ibérica e un “cansacamiños” que leva trazados xa varios roteiros cos que mergullarse nos segredos do noso territorio: os roteiros dos Muíños do Oriente e do Poñente, o de Barredo, o de Montecubeiro, o de Furís, o da Vía Romana XIX e o de Soutomerille.

Podedes crerme cando vos digo que mentres fun nena crin na existencia do mouro de Soutomerille, custodiador dun tesouro que tiñamos aquí en Castroverde, crino do mesmo xeito que o creo o protagonista d´A Illa do tesouro da novela de John Stevenson, cando montou n´A Spaniola canda o pirata Long John Silver, á procura do ouro sen lle importar o perigo que corría… E pasei moitos anos crendo na existencia dese tesouro e, coma dona Remedios, a señora do castelo dos Castro de Castroverde ou coma a mesma Xoana de Castro, desexaba atopalo. É agora, cando xa non cozo a primeira fervura, que é un xeito que temos aquí en Castroverde de dicir, que me vou afastando da xuventude, cando entendín por fin as últimas palabras que lle dixo o mouro á señora Remedios da Casanova:

“-Oíches, Remedios, non deixes de falar de min.

-E logo?

-Porque os personaxes de ficción necesitamos estar nos contos para existirmos!

-E ti para que queres existir, alma cándida?

-Porque eu represento o soño dun tesouro e necesitamos alimentarnos de soños para seguir adiante.

Entón entendín que o tesouro do mouro é o propio Castroverde, un conxunto de tesouros gardados, algún descubertos e outros aínda por descubrir as vacas, -as de carne e as de leite-; a terra –as fragas, as bouzas, as leiras, as insuas, as cortiñas, os pasteiros, os trigais, as marxas, os lóngaros e as infestas- que forman a paisaxe; a madeira, as tallas vanguardistas de Paco Pestana, os camiños, os roteiros, as lendas, os saberes do campo, empalleirar a herba, ler nas nubes, esperar a chegada do cuco, a música, a gastronomía, o turismo, a ecoloxía, o neoruralismo, as aldeas recuperadas, a ordenación intelixente e sustentable do territorio, a memoria recuperada, Enriqueta Otero, xa nunca máis A Ribona, Montecubeiro, as tres Mapoulas, o Monolito, os lugares da dor, as corredoiras abertas e limpas de maleza, a lingua materna, as tumbas antromorfas de Goi e Recesende, a toponimia evocadora, a microtoponimia, Rexina Polín, Tino de Masoucos, a cega de Miranda, Xosé María Gómez Vilavella, os Amigos do Patrimonio de Castroverde, os espazos singulares, o K cero a Compostela via cardiosaudable, as piscinas municipais, a Veiga do Olmo, o CPI de Castroverde, o centro de saúde, o Centro de Día, as canteiras de area, os comercios, a queixaría de Barredo, os bares e restaurantes, a horticultura, a micoloxía, os deportes da caza e a pesca, e tamén o sendeirismo, a equitación, a festa dos avós, os pendellos da Feira e a Feira de Artesanía, que hoxe nos convoca a todos aquí dicíndonos que o tesouro que todos andaran buscando non é outro que o propio Castroverde. Moitas grazas.

Tributo a un viral


2015
03.07

Esta deixounos José Tojeiro, un dos precursores dos vídeos virais. Un dos primeiros ‘personajes‘ que se fixeron moi famosos na rede, e que aínda hoxe en día, e tras case 20 anos, sigue sen deixar a naide indiferente. Unha vez máis, ahí vai!

Retranca Infinita


2015
03.05

A Pale Tilla,parodia galega de Noche y día de Enrique Iglesias. O vídeo máis polémico pola participación da xunta na súa financiación…

175 aniversario do nacemento de rosalia


2015
02.24

Que mellor maneira de recordar o seu famoso ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES – a través de ASTAROT.

Michel Jordán – Inolvidable


2015
02.18

Michael Jordan Cumple 52 anos…

Michael Jordan Game In Barcelona (Spain) 1990

Bo Nadal e Boas Festas


2014
12.28

A pesar de moito tempo sen escribir, quero aínda así felicitar a todos os asiduos visitantes.

Se o ano pasado foi cos castiñeiros do barrial, en masoucos, feita polos amigos do patrimonio, este ano é publicidade de Serra Alimentación (Casa Serra). Porque en Castroverde está Enrique González, un xenio da comunicación.

Boas Festas e bon aninovo.