Unha pequena axuda, pra cando facemos algunha busqueda no google, por exemplo, e non temos claro en que formato visualizalo, eiqui vai unha axuda.
– PDF (do inglés Portable Document Format, Formato de Documento Portátil) é un formato de almacenamento de documentos, desenvolvido pola empresa Adobe Systems. Está especialmente ideado para documentos susceptibles de ser impresos, xa que especifica toda a información necesaria para a presentación final do documento, determinando todos os detalles de como vai quedar, non requiríndose procesos anteriores de axuste nin de maquetación. Cada vez utilízase máis tamén como especificación de evisualización, grazas á gran calidade das fontes utilizadas e ás facilidades que ofrece para o manexo do documento, como procuras, hiperenlaces, etc.
– HTML é o acrónimo inglés de HyperText Markup Language, que se traduce ao galego como Linguaxe de Marcas Hipertextuales. É unha linguaxe de marcación deseñado para estruturar textos e presentalos en forma de hipertexto, que é o formato estándar das páxinas web. Grazas a Internet e aos navegadores como Internet Explorer, Opera, Firefox, etc. o HTML converteuse nun dos formatos máis populares e fáciles de aprender que existen para a elaboración de documentos para web.
[…] Copio no blog, a modo informativo, a resolución da inviabilidade do PXOM(Plan Xeral de Ordenación Municiapl) do Concello de Castroverde. Se alguén está interesado en velo completo, pode facelo pinchando aquí en formato PDF ou aquí en versión HTML. Se non tes claro a diferencia, pincha enriba deste link. […]