Archive for Setembro, 2007

Resumo da primeira xornada eurobasket


2007
09.05

Comezou o eurobasket, e como era previsible primeira vitoria de españa, ante unha frouxa portugal, (só 1 xogador ACB). Bastante fixeron os portugueses aguantando o primeiro cuarto(21-13) creo recordar. A partir do segundo cuarto, 5,30 minutos sen anotar levoulles a cabarse a súa propia tumba. Por parte de españa, debut de garbajosa, con moitos minutos para gañar forma física e partidos de competición logo de máis de 6 meses de lesión. O mellor por parte de españa, gasol con 19 puntos 4 rebotes 3 asistencias e 1 tapón. Por parte dos portugueses Joao Santos (Grupo Capitol Valladolid) con 9 puntos.Como curiosidade, decir que és te era o primeiro partido de portugal logo de 51 anos sen disputar o eurobasket. Oxalá gañemos con esa vantaxe a alemáns ou franceses ou italianos…, teremos que esperar.

Destacar tamén á marxe do partido de españa, a gran actuación de Dirk Nowitzki con 35 puntos 11 rebotes 2 tapóns e 1 recuperacion, a pesar de ter que gañar ná prórroga á república checa de Jiri Welsch(Unicaja *Malaga), que con 22 puntos estaba destacando. O súa eliminacion por 5 persoais fíxolles perder bastantes opcións de gañar o partido.

Outro partido moi interesante foi o de grecia con israel, clasificada no último momento, na que os actuais campións de europa non se atoparon cómodos. Ao final vitoria dos gregos por 10 puntos.

Outra das favoritas ao título, italia, xa sufriu a súa primeira derrota. Do mesmo xeito que os turcos, tamén outra das seleccións que chegaba como favorita ao torneo.

O próximo rival, ésta noite, 21.30 (A Sexta) é Letonia, que onte, liderada por un gran e semidesconocido Armands Skele (Letonia) Barons Riga. O partido comezou con moitas imprecisións, con bastantes nervios e os dous equipos alternaron vantaxes pouco siginificativas. Despois do descanso a diferenza na efectividade desde a liña de 6,25, 25% para croacia, e un 65% para letonia decantou definitivamente o partido para os letones que suman a súa primeira vitoria no campionato.
Por croacia o mellor xogador mario kasun (Barça) con 18 puntos.

Os líderes estadíticos son:

Líder Anotacion: Dirk Nowitzki (Alemaña) Dallas Maveriks 35.0 puntos x partido

Lider Rebotes: Andrei Kirilenko (Rusia) Utah Jazz 12.0 rebotes x partido

Líder Asistencias: Sarunas Jasikevicius (Lituania) Golden State Warriors 7.0 Asistencias x partido

Esta noite máis e mellor. Chega letonia.

Esta foi a miña crónica, se non vos gustou podedes ler esta: *http://www.sport.es/*default.*asp?*idpublicacio_*PK=44