A Consellería de Cultura por unha resolución do 27 de setembro de 2007 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, por concurso e trámite urxente, do contrato de servizos de restauración do retablo do Crucificado e do retablo da Visitación na igrexa de Santa María de Vilabade, Castroverde (Lugo). O proxecto de mellora e conservación conta cun orzamento de licitación de 44.300 euros.
Os retablos anteriormente mencioandos que serán obxecto de restauración son de estilo barroco, situados os lados do retablo maior, que data do século XVII e constitúe un dos atractivos(que son moitos) que garda o edificio. De estilo barroco e autoría de Francisco de Moure, esta obra foi xa rehabilitada con anterioridade.
A igrexa de Santa María de Vilabade cumpriu curiosamente este ano o 550 aniversario da súa fundación. Foi construída no ano 1457 por Fernando de Castro e está catalogada como Monumento Nacional a partir do ano 1979.
Parabens a xente que fixo posible que ésta nova restauración se leve a cabo próximamente!