Todo estaba preparado, cun gran ambiente nos arredores do palacio dos deportes da comunidade de madrid, pra ver o mellor baloncesto posible.
O partido, a gran final, comezou cun bon ritmo de partido, e dous equipos correndo ben a cancha. Con calderón moi ben desde os 6,25, e onde pepu moveu o banquiño, para non pasar apuros físicos logo do desgaste na semifinal, fronte os gregos. O final do primeiro cuarto, con canasta de carlos cabezas, 22 – 11.
Xa no segundo cuarto, con máis problemas para anotar nesta fase do encontro na que os homes adestrados por David Blatt apertaron en defensa e Kirilenko empezou a mostrar as garras e os rusos foron limando aos poucos a diferenza para achegarse moito no marcador ao intermedio (34-31).
As canastras de tres puntos arranxaban a baixa porcentaxe dos anfitrións nos tiros de dous pero Rusia mantíñase o ladiño no marcador. A terceira falta de Kirilenko obrigou a Blatt a sentar no banco ao xogador de Utah Jazz nos últimos minutos dun terceiro cuarto no que España tampouco puido marcharse no electrónico (49-46).
O veterano Zakhar Pashutin puxo o silencio no Palacio cun triple que empataba o partido no comezo do último cuarto. Holden anotaba a continuación para dar aos rusos a súa primeira vantaxe na final (49-51). De novo Jorge Garbajosa apareceu desde 6,25 para arranxar as cousas e espertar á afección. O partido entrou nun longo soño do que non sairía ata cinco minutos para o final cunha canastra máis tiro adicional de Pau Gasol. O de San Boi non estaba acertado desde a liña de tiros libres e isto impedía que España abrise brecha no electrónico ante o desacerto ruso. Todos os balóns eran para o xogador de Memphis Grizzlies que sacaba tallada das catro faltas de Kirilenko e da incapacidade dos homes altos de Rusia para frearlo. Pero os tres puntos de vantaxe a un minuto para o final puñan o partido no fío. Unha canastra de Morgunov deixaba Rusia a un punto. Un roubo de balón de Holden e a posterior canastra convertida por el mesmo a dous segundos para o final puxeron o definitivo 59-60. Aínda tivo Un tiro final de Gasol sobre o tempo cumplido foi cuspido polo aro negando a posibilidade de proclamarse campiona de Europa na súa sexta final europea.
ESPAÑA 59 – RUSIA 60
ESPAÑA, 59 (22-12-15-10): Pau Gasol (14), Rudy Fernández (5), José Manuel Calderón (15), Felipe Reyes (5), Carlos Jiménez (5) cinco inicial- Carlos Cabezas (2), Juan Carlos Navarro (1), Sergio Rodríguez (0), Berni Rodríguez (0), Marc Gasol (5), Alex Mumbrú (0) e Jorge Garbajosa (8).
RUSIA, 60 (11-20-15-14): Holden (8), Kirilenko (17), Samoylenko (0), Khryapa (7), Savrasenko (10) cinco inicial- Morgunov (4), Pashutin (3), Monya (3), Ponkrashov (8) e Padius (0).
Faltou ben pouco, para a revancha pero finalmente la Selección Femenina non puido tampouco remontar a desventaxa ante Rusia e caeu por 68-74 na final do EuroBasket de Italia. A pesar deso, ofreceu unha sensacional imaxen e colgouse unha medalla de plata que ben pode saber a ouro(non coma a masculina), xa que supon a cuarta medalla consecutiva da Selección Femenina nun Europeo (1 plata e 3 bronces), e terá a opción de gañar una plaza para os Xogos Olímpicos de Pekín no próximo Preolímpico. Amaya Valdemoro foi MVP do torneo e forma parte do quinteto ideal.
(Cata pollini e bety cebrián no eurobasket masculino)