Por matar a dúas personas 300€, pero que barato¡¡¡

2007
11.21

Estou incrédulo, acabo de ver en certo telexornal nacional a multa imposta, de 300€, a un home por atropelar a dúas persoas en Lugo. E tamén acabo de buscar en google a noticia, e so atopei esta no Correo Gallego. Són so eu o que pensa que é moi inxusto? Por favor que alguén me diga que non¡ Que pasa neste país?

Algunhas das frases da resolución do xuicio foron tales coma éstas: O conductor “non adoptou ás medidas de atención e precaución necesarias, xa que non mantivo a atención a conducción de maneira que poidera observala presenza de vehículos inmediatos o lugar dos feitos”, “coas luces de emerxencia en funcionamento”; nin tampouco “o dispositivo de presenalización de perigo (triángulos) situados con anterioridade ás persoas que finalmente resultaron atropeladas”. Ademais, suliña que “o feito de que o accidente fóra nunha recta de boa visibilidade é suficiente para que puidese observar cunha antelación de polo menos 200 metros a presenza de persoas na calzada”.

O xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo condeou, con sentenza firme, o pagamento de unha multa de 300 € ao conductor que atropelou o 21 de novembro do ano pasado a un menor e a muller que o auxiliaba, despois de que éste sufrise un accidente, como autor de unha falta de imprudencia. A causa do sinistro, ambas vítimas perderon a vida, informa AGN.

2 Responses to “Por matar a dúas personas 300€, pero que barato¡¡¡”

  1. chuza.org di:

    Matar só custa 300 euros…

    C+P:”O xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo condeou, con sentencia firme, o pagamento de unha multa de 300 € ao conductor que atropelou o 21 de novembro do ano pasado a un menor e a muller que o auxiliaba, despois de que éste sufrise un …

  2. […]  ¿ANO e MEDIO de carcere por roubar un simple arado tasado en mil €? No é broma: é a pena que se pide para un veciño de Castroverde. É mellor matar a dúas persoas, que roubar un arado. Non salgo do asombro. Polo menos imaxino que será un arado ‘dos novos’… […]