12ª Xornada. 3ª Rexional; S.D. Castroverde – Meira

2007
11.25

Un pésimo arbitraxe determinou o empate a dous goles entre o Castroverde e Meira na xornada número 12, da Terceira Rexional.

O partido disputado no Campo Das Gandaras tuvo o seu momento determinante cando o árbitro non pitou un claro penalti co 1 -0 a favor do castroverde e pouco antes do final do primeiro tempo.

O partido comezou  cos dous equipos motivados, e cos plateamentos claros por ambas partes, o castroverde replegado e o meira intentadoo con centros frontais que pouco peligro levaron nesa primeira parte. Así o pouco do comezo un rechaze a saída dun corner, e o posterior remate e salvado polo porteiro visitante. O castroverde chegaba con máis claridade neste primeiros compases e o meira estaba desaparecido, e dominou moi pouco tempo o centro do campo, onde o castroverde, con dous homes de ataque coma Richar e Gelo, sí o fixo durante o un maior tempo nesta primeira metade. O Meira intentabao con futbol directo, e o castroverde con contrataques letales e continuos.

Mediada a primeira parte, un deses contraataques, cun moi bo pase de richard e aproveitado por Rafa, que polo primeiro pao, marca o primeiro gol para os locais. O partido non variou de rumbo e chegouse o descanso coa vistoria parcial.

 

No segundo tempo esperabase un partido bronco, e duro, e así foi, xa que o Meira rematou o partido con dous homes menos. Decaeu o ritmo de xogo e o partido volveuse cansino.

Salvo en dúas ocasions, nas que un mal entendemento dos defensas locais propiciou o empate.

Poucos minutos despois chegou a prmeira expulsion do partido, o lateral dereito, sito, fai un clara falta e recibe o segundo cartón amarelo. O Meira quédase con dez xogadores, pero o Castroverde non é superior. Pouco despois un pase de Tacho, a espalda da defensa e aproveitado por héctor para marcar por riba do porteiro. Ventaxa local, e moitos minutos por diante. O partido sigue a ser bronco, e nunha protesta o árbitro expulsa o lateral esquerdo, por insultos. A pesar de contar con dous homes emnos, o Castroverde non ata o partido, e nunha falta frontal que non atina a despexar ningún defensa colase na portería e supón o empate a dous goles. A partir dese momento os equipos estaban xa resignados o empate, tanto polo cansancio como polo árbitro.

Outro partido máis no que non se mereceu a derrota, con boas acasions, pero que non se soubo matar o partido.

Os destacados? Espero comentarios…

Castroverde: 1. César, 2. Iván, 3. Óscar, 4. Pere, 5. Manolo, 6. Gelo, 7. Tino, 8. Luis, 9. Héctor, 10. Richard, 11. Rafa. Tamén xugou: 12. Chino

Resultados

S. Ciprián – T. Miño 5 – 1
Catro Roldas – Momán 2 – 0
Candelaira – Codesido 3 – 1
Castroverde – Meira 2 – 2
Cazas – S. Román 0 – 3
Matela – Celta 1 – 1
Folgueiro – Abadín 3 – 1

Próxima xornada

Sacido-S. Ciprián  
T. Miño-Catro Roldas  
Momán-Candelaira  
Codesido-Castroverde  
Meira-Cazas  
S. Román-Matela  
Celta-Folgueiro  
Abadín (descansa)  

Clasificación(Equipo)

J

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. S. Ciprián 11 8 2 1 38 14 26
2. Folgueiro 11 7 3 1 21 6 24
3. Sacido 11 7 2 2 26 7 23
4. S. Román 11 7 2 2 23 12 23
5. Celta 11 7 1 3 26 10 22
6. Matela 11 5 3 3 17 16 18
7. Meira 11 5 3 3 17 22 18
8. Castroverde 11 4 2 5 20 28 14
9. Cazas 11 4 1 6 20 27 13
10. T. Miño 11 3 3 5 16 25 12
11. Candelaira 10 3 2 5 15 18 11
12. Momán 11 2 4 5 11 16 10
13. Catro Roldas 11 3 0 8 9 17 9
14. Codesido 11 2 2 7 15 22 8
15. Abadín 11 0 0 11 10 44 0

4 Responses to “12ª Xornada. 3ª Rexional; S.D. Castroverde – Meira”

  1. Aficionado di:

    Arbitraxe malo
    Podese destacar tamen a pouca educacion do entrenador do SD Castroverde, que se dedicou a cagarse na puta mai que pariu ao arbitro, sin ter razon algunha.
    A verdade eque o arbitro non daba pra máis, pero algunhos comentarios sobraron, xa que naide nos negará que o castroverde saiu lixeiramente favorecido en decisións arbitrais clarísimas.
    Non lle recrimino nada aos xogadores do castroverde que non fixeron un mal partido, pero inda asi, baixo o meu punto de vista, non era un empate merecido, o meira tubo claras ocasions xogando inda asi con nove xogadores

  2. Tino di:

    Punto 1.- Arbitraxe malo, pero tanto pra uns cama pra outros. O árbitro quedou contento, un empate, a eso veu.
    Punto 2.- E non era o entrenador, era o delegado.
    Punto 3.- Non negarás que con 1-0 fixo que non vía un clarisimo penalty na area do Meira. Sería un posible 2-0.
    Punto 4.- O Meira fixo o seu partido e casi se leva a victoria, é certo, pero creo que non o mereceu, baixo o meu punto de vista. Nós fomonos ca sensacion de perder 2 puntos, pero así é o futbol.

  3. Collazo di:

    Non entendo como pode haber xente tan mala pitando por ahi, nos seremos malos pero e que eles…..por riba cobran por facer esa labor!!!. Creo que o Castroverde foi superior o Meira en aspectos de rendemento xa que hubo duas ou tres ocasións clarísimas de gol, cousa que o Meira soamente tivo as duas que supuxeron sendos goles.

  4. Tino di:

    Pois si que hai árbitros así de malos, e peores, e nos sufrimola, coma outros muitos equipos.