Fútbol 7 Abegondo, Futbol Sala, Voley…

2007
11.27

Terceira victoria consecutiva do Ferroagua Gruas Novo no campeonato sénior de fútbol 7. Desta volta foi contra o Penique, na sétima xornada, por un axustado e sufrido 5-4. Esperamos seguir na racha positiva. Podes seguir todolos resultados na wed do deportivo.

A clasificación antes do partido de onte, queda así:

Clasificación: 1. Playa Club, 18 puntos; 2. Ite Caixa Galicia, 12 puntos; 3. Nebril Forestal, 11 puntos; 4. Peña Sada e Ferroagua Gruas Novo, 9 puntos; 6. Penique e Antalsis SCR, 6 puntos; 8. Grupo Puentes, 4 puntos; 9. Carretes, 3 puntos; 10. BTA2, 1 punto.

Esta semana, sétima de Liga, ten este calendario:
Luns 26 de novembro:
21.30: Ferroagua Gruas Novo – Penique (5-4)
Martes 27 de novembro(Hoxe): 21.00: Antalsis SCR – Playa Club e ás 22.00: Nebril Forestal – Ite Caixa Galicia
Mércores 28 de novembro: 21.30: Peña Sada – Grupo Puentes
Xoves 29 de novembro: 21.30: BTA2 – Carretes

Por outra banda agora toca dar os parabens o futbol sala xa que son tetracampeons de europa, o pasar por riba de Italia por (1-3), que foi incapaz de superala defensa diseñada por Xosé Venancio López, adestrador do Autos Lobelle, e tamén seleccionador. 

Os campeons de Europa e do Mundo non dudaron en impoñer o ritmo e estilo de xogo que máis lles conviña. Así, xa no minuto 8, un gol de marcelo, xogador do Azkar Lugo, inaugurou o marcador co que puxo en ventaxa o equipo, que xa non perderían ata o remate.

A pesar do éxito, algo está a acontecer, xa que o partido so se puido ver polo canal dixital de tele5, tele 5 sport, ou por eurosport, a pesar de que é un dos deportes máis praticados e con máis licenzas do país. A Liga Nacional é a mellor do mundo, como os xogadores da selección. Pero, algo falla, porque o aficionado non se engancha.

Por último falar tamén dos actuais campeons de europa, pero neste caso de voley, que están a disputar o campeonato do mundo, aínda que non con muita fortuna polo de agora, nun sistema de competicion pouco habitual, onde todos se enfrentan a todos, e os tres primeiros irán os xogos olímpicos de Pekin. Polo de agora marchan nun pouco alentador octavo posto. Esperemos unha mellora, e moita sorte.

Comments are closed.