[gv data=”w2ispkfhF5A” width=”425″ height=”350″][/gv]
[lang_gl]A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia está levando a cabo unha campaña a prol de que a mocidade sexa a que dalgún xeito volva o noso medio rural, con esta mensaxe: «Hai moito máis que innovación, moito máis que produción, moito máis que calidade. Hai moito máis que boas oportunidades para a mocidade que elixe traballar no novo rural. Hai unha nova sabedoría. E ti, se sempre volves ao rural, porque non ficas a traballar nel».
Como che garantizan o ficar no medio rural? que hai de novo, que xa non sexa coñecido? Hai unha nova industria do agro galego? Realmente este é o único camiño para ficar no rual, non hai máis.
Agardo as sabias palabras de “Un de tordea”, para ver algo de luz sobre o caso, pero eu creo que, certamente, hai moito máis que todo isto.
Agardemos tamén que teña éxito a campaña con resultados tanxibles, sería o verdadeiro síntoma de que a Galicia rural comeza a transformarse e a prosperar.
P.D. Adicado a “Nosoutras”, coma prometín esta mañán. [/lang_gl]
[lang_es] La Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia está llevando a cabo una campaña a favor de la gente joven para que de algún modo vuelva a nuestro medio rural, con este mensaje: «Hai moito máis que innovación, moito máis que produción, moito máis que calidade. Hai moito máis que boas oportunidades para a mocidade que elixe traballar no novo rural. Hai unha nova sabedoría. E ti, se sempre volves ao rural, porque non ficas a traballar nel».
Yo me pregunto, como te garantizan que te puedas quedar en el medio rural? que hay de nuevo, que no sea ya conocido? Hay una nueva industria del campo gallego? Realmente creo es este el único camino válido para que la juventud se quede en el medio rural, no hay más.
Espero ansioso las sabias palabras de “Un de tordea”, para poder ver algo de luz sobre el tema, pero yo creo que ciertamente, hay mucho más que todo esto.
Esperemos que tenga éxito la campaña con resultados tangibles, sería el verdadero síntoma de que la Galicia rural empieza a transformarse y a prosperar.
P.D. Dedicado a “Nosoutras”, como prometí esta mañana. [/lang_es]
Tags: ficas, medio rural
Ben, en primeiro lugar direi que a imaxe que se ofrece por parte desta administración parece algo máis cercana ó rural, anque en contraposición engadir que non de palabras se vive nin se fai nada, feitos é o que necesita o agro.
O meu parecer, primeiro teeríamos que deixar as cousas claras, interesanos un agro vivo… ou deixar que converxa nunha selva “galaica”??? Parecía cando fora dos incendios que se comezara a “falar” do tema… pero pronto esquecemos… e o igual que pasou co prestige no que pode ocorrer o lume pode volver…
É moi fácil falar sobre o tema como o estou a facer eu… diranse os que no rural estean… e o recoñezo, claro que é doado, parece de hipócritas dar solucións doadas e falar por falar pois é un problema moi grande, e non digo grave, pois a gravidade vai parella á importancia que a sociedade lle dea…
¿Por qué digo esto? ben, o rural segue a estar mal valorado, a sociedade do rural envelleceu moitísimo, e a que queda nova seguen a marchar… pero porque??? home claro, porque hoxe en día a xente nova quere sair, pasalo ben, traballar 8 horas, non traballar moito…estar tomando algo nunha pandilla e cando che preguntan..e ti en que curras? – muxo vacas- (ah!! uno de ladea)e poder contestar outra cousa diferenteñ. eso por unha banda, sería o tema social. nada pensaran moitos.. pois equivocados están penso, pois hoxe un rapaz que pense en quedar no campo, e o máis común e seguir coa explotación familiar, aparte de tódolos problemasque teña no seu traballo que non son poucos… algo comezaralle a minar na cabeza, atoparase so, nun lugar de vellos (se menospreciar esa paarte sabaia das aldeas) pero que non lle van axudar… non van a estar con el cando queira facer unha festa, lapexar algo… chega a ser duro e pesado.
Para que o rural siga vivo… non só é necesario que queden explotacións nel, a xente podería quedar nel anque traballe fora, como primeira residencia, porque non??? claro porque… seguimos a creer que levando os nosos pequenos a estudar a gran urbe aprenderán máis, iran a actividades deportivas, a canto a baile a violin a ingles e falran o castelan a tutiplé. os datos non os teño na man para defender este despoboamento… pero que de vós non coñecedes a xente nova… que o primeiro que fai cando gaña é comprar un piso na cidade??… é así.
está todo feo… e sería de gilipollas non o recoñecer, todo a silvas, terreos abandonados plasticos por tódolos sitios, palleiras antigas lousadas de “uralita”, eucaliptos nas agras… o que se denomina feismos… pero como non vai haber feismos!!! a xente do rural está aburrida (podédelo comprobar falando con eles) aburrida de verdade, pois é de moito aburrimento traballar arreo, sacar cada vez menos de proveito, ver como as empresas circundantes ó rural cada vez sacan máis dese proveito, as alimañas acaban co que moito esforzo che levou… e ainda por riba veñen catro fatos que fixeron aquel “chalét” no medio da agra queixandose do cheiro das túas vacas!!!! si, pero é lóxico ese abandono da actividade..
Imaxinádevos calquer outro traballo, por exemplo un informático (tiña que facer mención para ver se certa persoa é capaz de leer tan longo relato)que traballe 10 horas diarias e que en bastante bo soldo. pero… seu xefe que non traballa nada vive como un rei. leva broncas cada dous por tres, descontos no soldo pola baixa demanda no seu servizo e encima o seu compañeiro que acaba de entrar na empresa, sendo sobriño do xefe, non fai nada, cobra máis, faille a vida imposible…que fai ese traballador??? se fora un labrego quedaría ahí supoño…
Por todo isto digo que non é un problema doado. necesistase producir, dimensionar as explotacións, crear unha industrialización deses produtos… si todo eso está ben… pero a cuestión é que continuará a marchar o capital do campo cara a urbe, na compra de pisos, a xente vai seguir a marchar… virase traballar o campo e marcharán durmir a urbe, esquecerase todo o aprendido… haber se cambia(mos) esta dinámica.
Volvendo o tema orixe, e como ven dis no último parágrafo, dimensionar as explotacións…, crear unha industria… son moi boas idea, pero non me negarás tamén que no rural non se ten fame emprendedora. Faise todo para sair do paso, e non se ve proveito en invertir o que gañas en novos proxectos e sí en nova maquinaria que muitas veces non é aproveita con xeito. E sí, falo dos gandeiros, neste caso. Ás veces tamén se deberían mirar a sí mesmos…
P.D.1 – O do violín moi bon¡¡
P.D.2 – Sí o lin todo, pero non acabo de entender a comparación que intentas facer¡
P.D.3 – O do feismo no rural, tamén é en parte polo vaiche boa da xente que nel vive.
P.D. 4 – bo análise sociolóxica¡
Saúdos