Máis cambios…

2008
04.15

[lang_gl] Os cambios son positivos.

Pero sen dúbida difíciles. O blog vai comezar o seu proceso de cambio, chegoulle o seu “san martiño”. Será, agardo, para o aniversario do blog, aínda que non asustedes se o vedes antes…

Comezamos cas novidades, e é que vou pasar a un dominio independente, que non a outro servidor, paserei de masoucos.blogaliza.org a simplemente masoucos.org, todo un avance, para facer máis sinxelo que a xente nos coñeza polo mundo.

Estiven xa probando apariencias para o blog, que aínda que tiña outras cousas en mente, como que forades vos os que votárades polo máis atractivo, por motivos de traballo, un tamén cambia de traballo, non vai ser posible, e vouno decidir unilateralmente, ainda que agardo que o proxecto se torne interesante para cada vez máis xente(si, ti que les, e non escribes 😉 )…

Esto non é todo, xa que seguiremos baixo mu wordpress xa que ten de todo, e moi bon. Ten engadidos que che facilitan moito a vida, como poñer etiquetas, comentarios recentes, incrustar fotos do flickr, etc, etc. E sobre todo unha comunidade increiblemente boa.Creo que será o meu sistema por moito tempo.

Pero este traballo non remata aquí,  diseñar o novo sitio, engadir de novo o chat(cbox), as licenzas, o mapa de etiquetas,o novo podpress, o foro integrado(soño cada vez máis cerca)… e tantas e tantas cousas… que levará o seu tempo, asique pido tranquilidade se as cousas ás veces non funcionan como parece!

E neso estou. Se alguén quere botar unha mao, (como sempre fai “Undetordea”, “Alex”, “Iosef”, e outros muitos, graciñas), (porque entre outras cousas vou deixar de lado as traduccións das anotacions por falta de tempo), ou tamén podes darme un consello, estarei agradecido. De corazón e de cabeza.

Gracias pola paciencia.[/lang_gl]

[lang_es] No quiero que abandones este sitio, pero lo siento mucho, el blog ha dejado de ser bilingue por falta de tiempo, pero si quieres puedes ayudar a  su tradución, o probar con la versión “original”.

Disfrútalo[/lang_es]

2 Responses to “Máis cambios…”

  1. reineta di:

    monolingüe… en galego, non?

  2. Tino di:

    Sip, sip¡ Porei un enlace para a traducción automática, pero xa sabemos que non é o mesmo.