Castroverde xa conecta internet.(a través dun bus)

2008
06.17

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible todavía ver el blog en español. Si estás interesado, puedes colaborar en su traducción, o probar el enlace con la versión original: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/Disculpa las molestias¡ [/lang_es]

 

[lang_gl] LUGO XA CONECTA, o autobús interactivo do Concello de Lugo estará á porta da túa casa para ensinarche as vantaxes que ofrece a Administración electrónica.

Lugo@vanza é un proxecto de modernización da Administración local do Concello de Lugo en cooperación con Cervantes, Castroverde,  e Guitiriz, promovido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, para mellorar o servizo á cidadanía e cumprir os dereitos desta de resolver vía Internet os seus asuntos coa Administración.

A campaña estará en marcha ata o 31 de outubro, de luns a sábado, e visitará 130 parroquias para achegar o mundo das novas tecnoloxías ao medio rural.Así que é o momento de que descubras os beneficios que as novas tecnoloxías poden achegarlle á túa vida.En castroverde estarán do 10 ao 20 de setembro en:

Días Mes Ubicación
10, 11, 12 e 13 Setembro Centro Urbano (na Praza do Concello)
15 e 16 Setembro Parroquia de Vilabade. Frente á praza da Igrexa e o Pazo de Vilabade
17 e 18 Setembro Parroquia de Montecubeiro (San Cibrao), nas inmediacións da Casa da Cultura
19 e 20 Setembro Parroquia de Miranda

Resulta curioso, tanto os lugares elixidos, coma que neles non chegou aínda Internet, a pesar do que di algunha páxina do ministerio, no que da por feito a cobertura é total no concello., e de feito eso non é así (Córneas, Masoucos, Furís, etc. etc. e outros moitos sitios que de seguro se me olvidan.)

Castroverde conta con con pouco máis de 3.000 habitantes segundo o padrón municipal de 2004  , repartidos en 37 parroquias.

 O datos das parroquias elexidas son(non logro saber o criterio):Montecubeiro  261 habitantes (133 homes e 128 mulleres),Vilabade: 76 habitantes (42 mulleres e 34 homes),Miranda: 69 habitantes (35 mulleres e 34 homes).

Por número de habitantes corresponderíalle a Montecubeiro, Furís e máis a Riomol.  O ranking por habitantes e parroquias é este:Montecubeiro 261, Furís 181, Riomol 146, A Meda 132, Moreira 133, A pumarega 98, O Páramo 96, e Rebordaos 93 habitantes.

Por xeografía tampouco me cuadra, xa que vilabade está moi cerca de castroverde, e tamén está cerca Montecubeiro, polo que non debe de ser ningún deses criterios. Se ti que les o blog e o sabes, podes contarnos a razón, ou explicar unha teoría¡¡E xa sabedes, acudide ao autobus interactivo, de seguro que será interesante¡¡¡¡[/lang_gl]

Tags: , ,

11 Responses to “Castroverde xa conecta internet.(a través dun bus)”

  1. pensei que nunca veria semellante movida xD

  2. Tino di:

    Realmente é un avance, pero muitos dos lugares do concello non teñen aínda acceso a internet, e esa iniciativa dura dous días… o ANO¡¡¡.

  3. IriaenLanuBe di:

    miña nai e mais eu estamos cabreadas con telefonica, porque non nos poñen nen Imaxenio nin unha banda maior de 1MB asique imaxinate,
    miña nai desespera e eu cada vez que vou danme ganas de tira-lo pc pola ventana, pero ainda así esta moitisimo mellor que os 56k ke tiñamos antes xDDDD

  4. un de tordea di:

    estou dacordo con que é un avance e todo eso pero penso que para o rural faltan facer cousas moitísimo máis importantes e necesarias…penso na recollidade de augas sucias…accesos adecuados e libres de maleza, recollida adecuada de restos agrarios, ordenación do territorio, salvagarda do patrimonio, incentivos para progresar nel, eliminar burocracia, atención as persoas maiores, soas e limitadas, gardería, lugar de ocio-deporte para a xente nova e non tan nova…

  5. Tino di:

    A verdade é que prometen igualdade nas conexions(mínimas) para todo o mundo, e está obligada por ley(creo recordar que o lín por algún lado), e como se ve, non é así. Fan o que lles da a gana…, pero quen o podía imaxinar fai 5 anos?

    Este é o tema eterno… claro que necesita outras cousas… pero ese é un servivio que cada quen paga para sí se o queres… o outro é un ben común para todos que é responsabilidade do concello, xunta e distintas administracions… que por outra parte non estaría mal contar con todo eso… que iluso¡

  6. Millan Fernandez di:

    Pois que queredes que diga???nunca esta de máis todo o que se faga neste sentido pero máis ben parece unha gran operacion de marketing político e fogos de artificio para sair na portada do Progreso dicindo que se fai algo. Realmente o que tiña que haber e vontade real con cartos riba da mesa para “alfabetizar” no internet as novas e vellas xeracions e asi establecer unha nova maneira de relacionarse co poder politico.Poder otorgado e renovable cada catro anos polos cidadans.
    En moitos pobos de España, onde hai boa infraestructura deste tipo e vontade xa funciona (pero todo o ano).O concello informa ós veciños e os veciños poden propoñer ó concello…. E unha maneira de ter informada á xente e de que os cargos publicos rindan contas.Ademáis posibilita axilizar trámites.
    Abre a porta a unha revolucion democratizadora (republicana, jjej) que boa falta fai, xa que na maioria dos lugares cheira a alcanfor que o flipas…oscurantismo…Viva Bill Gates!!!!

  7. Millan Fernandez di:

    Ai ó!!!repitome….puxen o mesmo porque da primeira vez daba rro, pero ó final colgouno…..pasoume igual no post Contranatura……!!!!!!que perdoe o lector e o director!!!!!jejjejej….saudos a todos!!!!!

  8. Tino di:

    pois eso é tamén o que penso, eu, eso sen lugar a dudas, pero sempre está ben que polo menos se achegue internet a lugares onde non podemos disfrutar del nunhas condicions aceptables… pero claro, o que se quere as veces non é posible, ademais sin o apoio do concello que pasa do tema informático, e da pa´xina web completamente… senón te aplicas co exemplo…

    O do erro, é porque non pos a palabra que está nun recuadriño, entón apareceme a min unha alerta que di ‘Peligro, peligro’ jejeje, e entón eu decido se quero que se publique ou non. Ese é o caso máis habitual…
    Creo que vou incorporar unha páxina de funcionamento do blog… Creo que sería boa idea instruir en como é o seu funcionamento… non?

  9. Millan Fernandez di:

    pois dar deume erro aínda poñendo a palabra…pero si, seria bo para os q non estamos moi acostumados….graciñas!!!!

  10. Tino di:

    hai outros casos, que sae o erro porque está a crer que comentas moitos artigos, e nun tempo moi corto, e da un erro, aínda que teño a capacidade de moderar os comentarios e aceptalos. Tentareino explicar na axuda.
    E todo esto realmente faino un pequeno programa (widget) chamado spamkarma2. Para parar os comentarios non deseados, abusivos, etc.

    Quizais sexa o momento de ampliar os administradores, ou aínda non? pensareino…

  11. […] eles fomentan o teletraballo, nos dedicamonos o “Lugo xa conecta”(a través dun bus, claro)… chúzame – var OutbrainPermaLink=’DROP_PERMALINK_HERE’; var OB_demoMode = false; var […]