[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]
[lang_gl]
Iniciativa… “que é para ti Castroverde”.( ou o lugar no que vivas). Nun máximo de seis lineas terás que expresalo¡¡¡¡¡¡
Cando haxa as suficientes respostas habrá que escoller a mellor… que levará premio(sorpresa)¡¡¡
Veña, ánimo que xa temos as tres, catro, cinco primeiras respostas.
1) -Castroverde: un pequeno concello situado entre Lugo e A Fonsagrada. O verde e os prados, abundante flora, é espectacular. Podese aínda disfrutar con rutas e roteiros, ríos ou regatos. Agradables vistas dende os pequenas parroquias que o forman.
2) – Sobre todo tranquilidade e relax
3) – Sentimento, orgullo, alegría, liberdade, amor e traballo.
4) – Castroverde é o mellor que hai!!! Castroverde non o cambio por nada!!!
5) – Moitos pensarán que Castroverde é outra vila máis, que nada a diferencia de calquera outra, pero cando se vive lonxe da casiña rematas por darte de conta que o lugar onde viviche toda a túa vida non se pode cambiar por nada, e especialmente Castroverde, con un encanto sen definición. Creo que a causa do noso amor por Castroverde son os seus recunchos, os regatos, as fontes, os camiños….. en fin, a sua natureza.
[/lang_gl]
Tags: Concello de Castroverde, describe
Moitos pensarán que Castroverde é outra vila máis, que nada a diferencia de calquera outra, pero cando se vive lonxe da casiña rematas por darte de conta que o lugar onde viviche toda a túa vida non se pode cambiar por nada, e especialmente Castroverde, con un encanto sen definición. Creo que a causa do noso amor por Castroverde son os seus recunchos, os regatos, as fontes, os camiños….. en fin, a sua natureza.
(Eu son de Castroverde, e ti?)
Espasande, é ese lugar no que me encanta refuxiarme cando Madrid me farta, é ese lugar no que sonrio nada máis descender entre a pista recuberta de carballos, o lugar donde vexo as estrelas, donde vexo a posta de sol tras o Forno da Vella, donde conto os tréboles de catro follas… é o lugar no que nacín e vivín durante moitos anos: O lugar donde aprendín a ser como son.
——-
De Castroverde en xeral non digo nada… por a vila non é que me agrade moito e o resto de povos case non os coñezo asique, eu falo do que coñezo.
bico*
A miguelón… eu tamén son do concello de castroverde, de Masoucos.
A IriaenLanube e todos os demais, gracias pola respostas. Espero sorprendervos co resultado…
Houbo a alguén que se lle ocorreu xuntar duas verbas para definir un lugar marabilloso, cheo de vida apacible, xente forxada na dureza do traballo cotiá e de Historia e lendas por contar…
Castroverde para min é a síntese poética do que Castelao e Rosalía entendían por Galiza e os galegos e tamén soubo Blanco Amor mitificar na Esmorga (se algo hai en Castroverde e bos festeiros, e algo interxeneracinal…). Está cheio de recunchos por descubrir dende Bolaño á Pumarega ou dende Vilabade a Sampaio….Furís…Montecubeiro….¡¡¡¡Masoucos!!!!!…e como tódolos lugares forxou unha identidade propia, unha idiosincrasia castroverdense que non se ve, so se sinte. Forma parte da bisbarra Pol-Baleira-Baralla-Castroverde, e Lugo está a un paso…ás portas da civilización!!!!
Dende as revoltas Irmandiñas ata a Guerra da Independencia Castroverde figura no mapa por ter xente valerosa e irreductible. Os indíxenas castroverdenses andan espallados polo mundo…ata temos un mago!!!!e unha futura medalla olímpica!!!!. Aquí tamén se probou a represión e a longa noite de pedra como en ningures. Somos fillos do máis galego dos concellos. Ata o Himno fala de nós…..( ….co fin dos verdes caaaaaastros…..fogar de Breogán……)
Bueno, non sei agora mesmo se é co fin…ou confín dos verdes caaaaastros……….o caso e que se dalgún lao era Breogán, a bo seguro que era daquí…..!!!!!
Vaia resposta máis profunda, pero coma masoucos non hai nada¡¡¡¡ Aínda que os outros lugares tamén e recomendable a súa visita eeehhh¡¡¡
mellor tarde que nunca.. xa teño internese¡¡ e despois d ir a madrid e volver no mismo dia, e ver a feira exposicion que era ó que iba… debo dicir e digo………… que como castroverde non ai donde!!!!!!!!!!!!! 😀 q paz q tranquilidade q ……. sosego….
q man d moscas, q non se dan esfumado (tamen ai q dicilo jijiji) . pero bueno.. tanto castroverde, como todas as parroquias que lle dan a vida, son un mar de tranquilidade e paz. o triste é non saber valoralo como deus manda, os que aki vivimos.
Gracias a este post, dentro de pouco haberá novedades e a sorpresas na fiestra de masoucos.
Gracias a todos por participar¡¡¡
E que castroverde é o mellor¡¡¡