A corporación municipal de Castroverde pronunciarase mañá (hoxe día 16) sobre a aprobación definitiva do plan parcial identificado como Sur D-3, a desenvolver na localidade. Na sesión extraordinaria, fixada para a unha da tarde, tamén figura a proposta de aprobación do proxecto e delegación de competencias para a tramitación do Fondo Estatal de Investimento Local.
O último punto estará dedicado ás obras nas piscinas descubertas de Veiga del Olmo.
Mañá a unha do mediodía levarase a cabo o pleno onde se aprobará o plan parcial, SurD3. Concretamente non sabemos mui de que se trata, a única referencia, non sei se moi fiable, é a da aprobación do PXOM, onde se decía que “o sector SUR ND-3 tiñan as mesmas condicións que o solo rústico de protección forestal lindeiro con el. Ademais, o SUR.ND.3 encóntrase en terreos de fortes pendentes (comorecoñece a memoria (páx. 26), por tanto con unha topografía desfavorable para ao desenvolvemento urbanístico.”
Quizais Millán, nos poida mañá indicar moito mellor en que consiste o plan parcial, e qué foi que se aprobou no pleno.
Con respecto ao fondo estatal de Investimento Local, xa ten aprobados os seus primeiro proxectos, e así, ten na provincia de Lugo, polo momento, proxectos aprobados nos concellos de Ribeira de Piquín, Ribadeo, Palas de Rei, Outeiro de Rei, Mondoñedo, Láncara e Becerreá.
O concello de Castroverde, no que segundo o padrón somos 3.148 habitantes, corresponden 557.159 € (Financiación máxima, con IVA) para xestionar, a través do Fondo Estatal de Investimento Local, e que aínda está sen aprobar. Poderanse presentar proxectos, vía telemática, ata o próximo día 24 de Xaneiro, para calquera concello que o queira solicitar. Seguiremos de cerca, para comentar e debatir, cales son os proxectos realizados.
P.D. Cal é a razón pola que non aparecen este tipo de avisos na páxina web do concello?
Tags: Concello de Castroverde, Corporación local, economía, empleo, investimento local, plan parcial, PXOM, Sur D-3
A min gustariame poder expoñer claramente, e con coñecemento de causa, de que trata o concreto do tema, pero a información da que dispoño ó respeto é a que pode ter calquer veciñ@. Bastante pouca (por desgracia) neste asunto do PXOM. É unha cuestión que deberán explicar ben os concelleiros e/ou o Alcalde, que é a quen corresponde.
Con respecto ó Plan E si que podo adiantar que, xa que hai que presentar os proxectos en moi poucos días, parece que teñen claro en que invertirán a maior parte do volume dos fondos. Polo que puiden entender, coido que case todo irá destinado a rexenerar o asfaltado de vías por todo o municipio, así como algún que outro proxecto de rehabilitación. Sinto non poder aclarar máis, xa que non dispoño de datos suficientes.
Tamén do que se aprobe no Pleno, coñecerei ó mesmo tempo que o resto dos veciñ@s.
PD: Tes moita razón respecto da falta de actualizacións e informacións na páxina web oficial do Concello. Sería bo incidir aí e esixir que se adiante información por esta vía, cando menos.
Aproveito para anunciar que a Agrupación Municipal do PSdeG disporá, a medio prazo, dunha páxina web onde sí se tratará de achegar información o máis avanzada posible, pero circunscrita ó ámbito da agrupación. A militancia do partido, pero tamén calquer veciño que queira darse de alta, recibirá información vía móbil, ou vía e-mail.
Parece que non sólo se vai invertir diñeiro en asfaltado, e rexeneración de accesos. Tamén na mellora do abastecemento de auga, e no alumeado público.
Pódese ler a noticia no xornal El Progreso de hoxe, Sábado 17 de Xaneiro.
… pasando xlo progreso… como pode ser que 542.235,18€ non chegaran e oubese que aumentar a 772.418,53€ pas piscinas?? miiiiiiiiiiiiiiii maaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa esto en pts son tantos ceros como casi nin podo imaginar jaja cento e pico millons de pts largos.. uau… as piscinas serán climatizadas no?? jeje ufff esto da poliitica non o entenderei nunca nunca nonono… Imos ter unhas piscinazas!!! lastima q non me juste a auja 🙁
(e ahora doulle a enviar ou borro todo?)
(Fixeches moi ben en darlle a enviar)
Está ben debatir e sobre todo comentar as cousas que pasan o noso redor. A verdade, se se ficeran ben desde un principio… faría anos que as disfrutaríamos.
A millán, creo que xa publiquei algo sobre o tema, espero que fóra suficiente, e claro.
Saúdos!!!
totalmente claro e suficiente!!eu coñecía só por riba de que iba o tema.
É triste dicilo, pero algúns din que ben deitamos da Fiestra pa informarnos!!!
tou d acordo con Millan, ben deitamos da Fiestra!!! bon traballo Tino!! 😀
gracias polos ánimos, fan falta de cando en vez…
O próximo texto sobre a asociación de muiñeiros! Saúdos!