Resultados | |
---|---|
Guntín – Lugo | 3 – 2 |
Sagrado Cor. – Muralla | 2 – 0 |
Río Sil – Castroverde | 0 – 2 |
Antas – Pradeda | 1 – 0 |
Lucense – Oural | 0 – 2 |
Portomarín – Comercial | 1 – 2 |
Friol – Garabolos | 3 – 0 |
Rubián – Calasancio | 0 – 3 |
a próxima fin de semana xogaranse os seguintes partidos; onde destaca a visita do lider a Veiga do Olmo.
Próxima Xornada | |
---|---|
Muralla-Lugo | |
Castroverde-Sagrado Corazón | |
Pradeda-Río Sil | |
Oural-Antas | |
Comercial-Lucense | |
Garabolos-Portomarín | |
Calasancio-Friol | |
Rubián-Guntín |
Victoria da SD Castroverde no campo da Carqueixa por cero goles a dous, diante dun Rio Sil que pelexou, pero non foi quen de poñer en apuros a portería visitante.
Nunha primeira parte intensa, o Castroverde dispuxo das mellores ocasions nun partido, que como anécdota, contou coa presencia de dúas árbitros auxiliares, cousa pouco frecuente na terceira rexional, que axudaron ao árbitro principal, que levou sen problemas o partido.
O primeiro gol, foi cun pase de Richard que Albino a trompicons se leva e marca por iba o porteiro local. Un a cero e partido encarrilado na primeira media hora. Dez minutos máis tarde a sentencia por parte de Marcos, o mellor do partido, que con velocidade encara a portería e cun tiro cruzado marca o segundo.
A segunda parte non tivo historia, e o Rio Sil intentou ir ao ataque no pequeno campo da carqueixa, pero non foi posible. As mellares ocasions foron de novo para o Castroverde, nas botas de Albino cun disparo ao longueiro, e tamén nas de Gelo, que disparou axustado pero non atopou portería.
Con esta nova victoria, o Castroverde súbese os tres primeiros postos que dan dereito o ascenso a segunda rexional. O próximo partido, na casa o domingo, e diante do lider, o Sagrado Corazón.
S.D. Castroverde: 1-Marcos I, 2-Óscar, 3-Bruno, 4-Pere, 5-Juán, 6-Toño, 7-Albino, 8-Marcos II, 9-Carlos, 10-Richard, 11-Gelo. Tamén xogaron Manolo, Tino e Iglesias.
Equipo(Clasificación) | Xo. | Ga. | Em. | Pe. | G. F. | G. C. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1. Sagrado Corazón | 22 | 15 | 3 | 4 | 37 | 16 | 48 |
2. Calasancio | 21 | 14 | 5 | 2 | 50 | 18 | 47 |
3. Castroverde | 21 | 14 | 3 | 4 | 52 | 24 | 45 |
4. Muralla | 22 | 13 | 5 | 4 | 43 | 17 | 44 |
5. Oural | 22 | 11 | 8 | 3 | 50 | 27 | 43 |
6. Comercial | 22 | 10 | 7 | 5 | 42 | 35 | 37 |
7. Friol | 22 | 8 | 7 | 7 | 41 | 31 | 31 |
8. Rubián | 21 | 8 | 7 | 6 | 37 | 37 | 31 |
9. Portomarín | 22 | 9 | 3 | 10 | 37 | 35 | 30 |
10. Río Sil | 22 | 8 | 5 | 9 | 21 | 30 | 29 |
11. Antas | 22 | 8 | 4 | 10 | 35 | 49 | 28 |
12. Guntín | 22 | 4 | 8 | 10 | 25 | 39 | 20 |
13. Lugo | 22 | 5 | 2 | 15 | 30 | 58 | 17 |
14. Garabolos | 22 | 4 | 4 | 14 | 24 | 43 | 16 |
15. Lucense | 22 | 2 | 4 | 16 | 20 | 62 | 10 |
16. Pradeda | 21 | 1 | 5 | 15 | 22 | 45 | 8 |
Tags: Ascenso, carqueixa, Concello de Castroverde, futbol, rio sil, sagrado corazon, sober
Animooooo! Xa estades ahi!!!!
ufff eu creo q non recordo o Castroverde tan alto eh!! xa keda menos! animo rapaces 😀