Resultados | |
---|---|
Muralla – Lugo | 5 – 0 |
Castroverde – Sagrado Cor. | 1 – 1 |
Pradeda – Río Sil | 3 – 0 |
Oural – Antas | 2 – 1 |
Comercial – Lucense | 5 – 0 |
Garabolos – Portomarín | 1 – 2 |
Calasancio – Friol | 1 – 0 |
Rubián – Guntín | 1 – 4 |
A próxima xornada queda:
Próxima xornada | |
---|---|
Guntín-Muralla | |
Lugo-Castroverde | |
Sagrado Cor.-Pradeda | |
Río Sil-Oural | |
Antas-Comercial | |
Lucense-Garabolos | |
Portomarín-Calasancio | |
Friol-Rubián |
S.D. Castroverde: 1-CHINO 2-JUÁN 3-ÓSCAR 4-PEREIRA 5-JAVI 6-HÉCTOR 7-ALBINO 8-CARLOS 9-MARCOS GEMELO 10-RICHARD 11-GELO. Tamén xogaron 14-MANU 15-MARCOS (Toño, Marcos F. e Tino).
Outra nova colaboración de Arsenio Iglesias. Da gusto ver que o fútbol en castroverde segue con via, incluso se podería falar de unha páxina web propia… e ahí queda eso… por se alguén quere recoller o guante! GRACIAS a moita afición!! que fixo un gran ambiente nas gradas, e apoiou en todo momento o equipo!
A CRÓNICA:
Partido decepcionante, polos méritos dos locais, o visto na Veiga do Olmo a tarde do domingo, non polo acontecido no terreo de xogo, pero sí polo resultado final, xa que a victoria da SD era o que todos agardábamos.
O Castroverde saiu decididamente polos tres puntos en xogo nunha tarde moi agradable, cun gran ambiente no campo, pero atopouse enfrente a un equipo ben colocado no campo, e que se lle notaba un traballo táctico que non tiñan os locais, dominando estes por impulsos pero sen ter todo o control do partido que este merecía.
As primeiras ocasións non se facían esperar e todas chegaban por parte dos locais, que desarbolaban por bandas os visitantes que non eran capaces de frear a dianteira local, moi desafortunada, cousa pouco habitual xa que é a máis goleadora da categoría.
O Sagrado que xogou todo o partido, o que se conoce como “patadón”, aínda que moi ordenados atrás e certa rigurosidade a hora de despexar o balón, tivo duas ocasións en todo opartido, unha meteuna e a outra, ao borde do área pequena, fallaron no remate final.
O Castroverde que saiu a por todas e con un equipo moi superior os rivais, non foi quen de reflexalo dunha forma clara no campo, a pesar de ter moitísimas e claras ocasións, sendo Edu o porteiro visitante o mellor do partido con diferencia.
O gol local chegou nunha gran xogada de Gelo pola banda, un dos mellores do Castroverde, xunto con Marcos Gemelo, que centrou, e remate de Albino a gol, nunha acción de garra da que nos acostuma todos os domingos.
A saida de Manu e Marcos faltando quince minutos, e co marcador de empate, voltaba a facer que a aficción collese folgos de novo, pois saben do potencial de estes dous xogadores, pero non poido ser, a pesar de ter Marcos unha ocasión das que non suele fallar, 8 goles en catro partidos, sendo o primeiro dia que xoga algún minuto e non marca, pero desta volta (San) Edu evitouno no man a man.
A pensar no próximo partido, no que esperemos que a sorte desta vez esté o noso favor, porque non é normal o pouco acerto diante do sagrado corazón do pasado domingo, na que o resulto xusto sería un cinco a dous.
A clasificación queda como:
Equipo(Clasificación) | X. | G. | E. | P. | G.F. | G.C. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1. Calasancio | 22 | 15 | 5 | 2 | 51 | 18 | 50 |
2. Sagrado Corazón | 23 | 15 | 4 | 4 | 38 | 17 | 49 |
3. Muralla | 23 | 14 | 5 | 4 | 48 | 17 | 47 |
4. Castroverde | 22 | 14 | 4 | 4 | 53 | 25 | 46 |
5. Oural | 23 | 12 | 8 | 3 | 52 | 28 | 46 |
6. Comercial | 23 | 11 | 7 | 5 | 47 | 35 | 40 |
7. Portomarín | 23 | 10 | 3 | 10 | 39 | 36 | 33 |
8. Friol | 23 | 8 | 7 | 8 | 41 | 32 | 31 |
9. Rubián | 22 | 8 | 7 | 7 | 38 | 41 | 31 |
10. Río Sil | 23 | 8 | 5 | 10 | 21 | 33 | 29 |
11. Antas | 23 | 8 | 4 | 11 | 36 | 51 | 28 |
12. Guntín | 23 | 5 | 8 | 10 | 29 | 40 | 23 |
13. Lugo | 23 | 5 | 2 | 16 | 30 | 63 | 17 |
14. Garabolos | 23 | 4 | 4 | 15 | 25 | 45 | 16 |
15. Pradeda | 22 | 2 | 5 | 15 | 25 | 45 | 11 |
16. Lucense | 23 | 2 | 4 | 17 | 20 | 67 | 10 |
Tags: afeción, futbol, interés, lugo, sagrado corazon, veiga do olomo
Woo Woo! In your blog to see the contents of such a wonderful, happy too, I like your site