Sorprenden as declaracions de Rafa Casanova, adestrador do Friol, nas que di que o colexiado José antonio Lamas, “Falseou a acta” e que “en ningún momento o meu equipo”, octavo clasificado do grupo XII da terceira rexional, “Se retirou do campo, o propio colexiado foi o que realmente o fixo“.
Segundo a acta do partido, “En el minuto 19 de la segunda parte, el capitán del Friol se dirige al colegiado indicándole que se van porque algunos jugadores están lesionados y no hacen uso del derecho a hacer cambios. Acto seguido, abandonan el campo, por lo que me veo obligado a suspender el partido con 1-0”
Con este cruce de palabras resúmese un partido que os locais gañaron por un gol a cero. A pesar do raro do asunto, na páxina oficial do club calasancio, na súa crónica semanal non mencionan ao partido da polémica da xornada.
No resto de partidos, destaca unha nova victoria do pradeda, que adianta no duelo de colistas ao Lucense, que perdeu por un contundente 5 – 0 diante do sexto aspirante o ascenso, a comercial, que se atopa a so 7 puntos deses postos.
En oural, o equipo local sufriu máis do previsto, e so puido impoñerse por un axustado 2-1, diante dun mellorado Antas, pero que non lles sirve os visitantes para romper a súa mala racha de resultados.
Tags: calasancio, friol, rafa casanova
Hola, boas noites, simplemente queria contestar a unha pequena cousa, penso que neste post dades a entender que houbo algo raro no partido do calasancio frio da semana pasada e que por eso non se reflexa nada na paxina do calansacio, pero a verdade e que si que houbo algo raro e o unico raro que houbo foi o sr arbitro lama, que foi penoso penoso penoso, como ben dicia o adestrador de friol nunha radio local de monforte na cal foi entrevistado, no minuto 10 da primeira metade houbo un penalti e expulsion a favor do calasancio que o sr arbitro non pitou, pero foi algo clamoroso,e nos(son xogador do calasancio)non lle entramos o trapo a sr colagiado por que viña a por nos descaradamente, pero resulta que develle dar un xiro a sua mente e a raiz de eso, eu penso que foi cargo de conciencia, comezou a tomala co equipo do friol cunha expulsion mais que inxusta, logo seguiu o recital de tarxetas e mais tarxetas e o final a cousa acabaou como acabaou, o unico que quero deixar claro aqui, e que nos vimos perxudicaos os dous equipos por que os 5 minutos de partidos nos, o calasancio xa tiñams espulsao ao adestrador e ao delegao sin pasar absolutamente nada, en fin non sei si queda moi clara a miña explicacion, pero que foi un desastre de partido no que nos vimos perxudicaos os dous,ah tamen dicir que o noso gol foi unha mao muy klara e nas protestas foi cando espulsao a dous do friol e deu o partido por rematao, pero bueno eso que non pensedes que foi algo descarao a favor do noso equipo, como a min me pareceu que dades a entender ahi! non sei si se entendera algo por que penso que me liei algo, pero bueno, nada mais que noraboa por esta paxina e que teñades moita sorte e haber se logrades o ascenso, sempre e cando nos tamen o logremos jejej Un saudo
Home, pois máis raro que un adestrador diga unha cousa e na acta poña outra… e ademais non faga os cambios, polo menos polo menos da que pensar. En ningún momento se dixo nada a favor de unhos e outros, creo. Os do friol tamén se podían dar por aludidos.
Con respecto aos árbitros e as saídas a monforte, hai moita controversia… pero supoño que habrá partidos no que os árbitros sean mellores, outros peores… tanto por unha zona coma por outra.
Moita sorte de cara ao ascenso, gracias polos ánimos ca páxina. Sigue a pasandote por aquí, que polo menos temos distintos puntos de vista.
P.D. Sigo botando en falta algún tipo de información na web do calasancio, falan de todas as categorías menos da de terceira rexional.
saúdos