Os problemas do leite

2009
05.06

Xa se prevía o peche, pero non deixa de sorprender que Leche Pascual deixe de recoller leite en Galicia. Primeiro foi prescindindo de parte da produción das cooperativas, Terra Cha e Melisanto, e hoxe remata o traballo para 150 persoas da fábrica de Outeiro de Rei. Unha fábrica que en 1998 abordou un importante investimento para incrementar a súa capacidade de producción que hoxe remata, deixando de recoller leite de concellos como o noso, Castroverde, Ordes ou Santa Comba.

O que non se acaba de entender é como se chegou a esta situación. O sector lácteo galego progresou de forma ineficiente, houbo unha recorvensión increible, pero insuficente? é o mundo, cambiou muito?.

Un sector que acumula a tantas familias non é posible que esté tan desorganizado. Xa hai tempo (máis de 20 anos) que moitas multinacionais francesas puxeron o pé na pénínsula ibérica, concentrando profundamente o negocio da venda de productos agrogandeiros. Eso xa era un síntoma de que o seu sector estaba en mudanza. Máis recentemente introduciron productos chamados de marca branca que ainda dan unha volta máis na situación. Qué fai mentres o sector….NADA??.

Por outra banda entran en xogo as subvencions. Durante moitos anos chegaron subvencions, pero aínda así  non chegan a ser nin a metade de productivos que os franceses(estes ademais apoiados polo estado), por exemplo. Salvo algunhas excepcions o que se fai cos cartos das subvencions e metelos no peto en vez de invertir na SÚA EMPRESA. Chega con darse unha volta polo rural…  na maioría dos casos pouco cambiou coas subvencions. Si, o que quedou ten máis vacas, pero a maioría emigraron; e o máis habitual e comprarse un tractor último modelo, así trabállase máis cómodo e a vez temos un tractor máis grande que o do veciño, quen o pode negar!.

O leite vale o que vale, gastos de producción aparte, pero cal é o precio xusto? A que empresario,ou a que traballador lle aseguran un prezo minimo por algo? A ningun?.  A administracion pouco fixo tanto polos productores de leite como polos gandeiros e agricultores, e nada por modernizar e facer rendible o rural galego.

O peixe que se morde a cola, no que todos somos responsables en maior ou menor medida. Sabremos saír?

4 Responses to “Os problemas do leite”

  1. Lu di:

    eu creo q esto vai d mal en peor.

    MAÑA ESTA CONVOCADA UNHA FOLGA EN MEIRA AS 12 DA MAÑÁN. MANDARONSE CARTEIS PARA Q OS COMERCIOS PECHEMOS DE 12 A 2 EN SEÑAL DE PROTESTA E, DE PASO, NOS UNAMOS Á MANIFA (non pa irse a comer, nin a durmir, á manifa!!)

    O q está claro e q mentres non haxa un minimo (xusto) no precio do leite en orixe esto vai d mal en peor.. eo q e peor, os gandeiros levan os q lles vendemos a eles directamente (como e o meu caso),piensos, etc,… xro despois tamen van tendas d roupa, calzado, supermercados, BARES, restaurantes, eu q sei!!!

    E q eu creo q a unica materia prima q temos en Galiza é o leite, a carne, os productos da terra e o peixe (deixo o peixe d ultimo x distancia con nos, q naide se mosquee)__ e si a nosa materia prima se funde……. creo q nos nos fundiremos con ela ¿?non¿?
    aki non temos nin petróleo nin ….. ???

    e por riba….. antes, se a un lle iba mal na casa iba gañar uns xornais como albanel, facendo chapuzas aki ou alo.. vendías un pinar facíaste con algo de “carto fácil” nun momento con certa “facilidad..(repitome algo) xro e q hoxe en día tampouko ai muita forma……. nin a construccion anda mui campante e a madeira ta xlos suelos…..
    “””¿?decían esta maña aki: “si todolos gandeiros deixamos d pagar a seg. social¿? daríanse conta así do jodidos q tamos??? “””

  2. undetordea di:

    Voume atraver a respostar a algunha pregunta.
    Todo é doado de entender, ingresamos menos do que debemos. As causas, diversas, como en tódolos problemas. O sector lacteo galego progresou en 20 anos o que noutras zonas europeas fixeron en 50. Ademais seguramente se progresou cara un modelo intensivista ó extremo, propio de outras zonas, separándonos do que nos correspondería, o meu pensar. Por que foi esto?, por diversas cuestións, malas políticas, pouca aposta polo sector e pouco unido. A reconversión non sei si foi suficiente, para algúns si e para outros non. De que serve máis reconversión si as terras dos que ceden na produción pasan para o sector forestal ou o abandono?, entón para que máis reconversión? Para cada vez quedar máis illados no rural?. O mundo claro que cambiou, e máis que vai facelo, igual que o fixo para chegar a onde estamos. O que estamos vivindo, China comeza a consumir leite de vaca debido o incremetno da renta per cápita dos chinos, imaxinades á metade dos chinos bebendo 1 vaso de leite/día?, pois ben, aventurábase un incremento na demanda mundial, pero os chinos están a montar megagranxas estatais para satisfacer as necesidades, e si hai que muxilas a man pois múxenas.
    Home…nada nada…, algo parecido, fíxose pouco mentres, pero eso creo que é algo moi noso, chorar polas portas e pouco loitamos por elo.
    Non sei si a un empregado lle aseguran un prezo mínimo, pero o normal é que si sabe o qu evai cobrar ese mes, o igual que unha empresa, e así poden facer uns balances por exemplo de imputs e nunha granxa media ten que ir improvisando, sen rumbo. Levo a contra e digo que o rural galego si que se modernizou e moito, pero sen sentido e control e a causa do peto de xubilados e traballos noutros sectores. Como non tamén a partir do lombo de xente traballadora. A administración só deu unhas directrices e un pouco mel para adulzar as desgracias, cousa que os labregos da terra penso que nos acostumamos demasiado as dúas cousas ó “mel” e a esas “directrices”.

  3. Lu di:

    totalmente d acordo sobre todo co final… puxen aki o d “azulejar os establos” ?????????? jejejeje e q me parece de risa!! no, e que é de risa!!! si ai xuntos mais d non sei si 3 ou 4 ou 5 xatiños, teñen q estar separados individualmente e con un “material lavable” (azulejo x ejemplo) nas paredes jajajajajajjaja :s se aínda ai xente q non puido nin azulejar a cociña da casa!!!!!!!!!!

    e sí q a xente se afixo ó mel (q lle daban hoxe e lle kitaban maña), e as directrices (vease azulejo jejejej) feitas normalmente x ken nunca unha vaca viu (non e q eu entenda moito do tema) _ ufff haber como segue o tema