Leite Pascual, ven de adicar un anuncio enteiro a demostrar que o precio do leite o vale, e non lle falta razón. Co que xa non podemos estar de acordo e co precio que estas e outras marcas pagan en orixe, pero aquí está o anuncio:
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/5TiCqpfU-U4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Despois de anunciar esta mesma semana pasada a presentación dun expediente de regulación de emprego, con extinción de contrato, que afectará a 155 traballadores da fábrica de Outeiro de Rei e a máis de 400 gandeiros, agora saca un anuncio ¿criticando? as marcas blancas.
Este anuncio ‘xustifica‘ o SUPERIOR precio dos seus productos frente ás marcas brancas con motivos como “recollida de leite a diario”, “mellores equipos de veterinarios” e “maiores controis de calidade”. Discutibles todas elas.
Ata fai ben pouco, non máis de dous anos, Central Lechera Asturiana, Pascual e Puleva controlaban un 40% das vendas de leite envasada en Galicia. Hoxe, a tarta reduciuse para estas tres empresas ata un escaso 25%. Pero que fan? aumentar en publicidade? Canta máis publicidade fai a marca, máis caro é o litro de leite. Para baixar os precios deberían empezar por reducir en publicidade e en intermediarios!.
O gandeiro recibe, hoxe por hoxe, uns 17-20 céntimos por litro. Se logo de todo o proceso o venden por 97 (por exemplo)céntimos ou incluso máis, onde van eses aproximadamente 80 céntimos?.
80 céntimos de diferencia nos supostos ‘controis de calidade extra‘ da marca? Increible.
moi bo Tino!! xa levaba tempo sin pasarme 🙂
si reduciran a publicidade e os intermediarios e gañasen menos está claro q outro galo cantaría…… xro weno, aparte diso, o q din os weletes:
¿¿¿¿¿¿¿”e cantos litros de leite dese fan de un litro do noso”??????????
o q está claro e q a 17-20 cents d € (28-33 pts) e estando o pienso, a quimica e todo o resto d productos JABALÍES E CABRAS APARTE…… xlas nubes, o leite non é rentable……. e si os gandeiros empezan a caer………….. aló iremos toooooooooooooooodos os comerciantes da zona, etc etc 🙁
Tes razón, todo elo discutible. Pequenas empresas, cooperativas ou agrupacións de gandeiros están acollidos a programs de calidade de leite, incluso estando en certificación, e non teñen porqu estar con Pascual. Ninguén discute que non sexa (ate o de agora) un leite de moi boa calidade. Pero si lles da por traer leite de fora a calidade non é a mesma. Coméntase que o peche da súa fábrica en Outeiro de Rei foi unha estratexia para poder incrementar o seu capital social, e pode ser, pero que non era rendible nanai de nanai. Secadra os números non eran tan bonitiños coma outros anos, pero manda carallo con todo esto. E máis manda, cando a moitos gandeiros que venden o leite a unha empresa (concretamente CAPSA) lles chega a revista de dita empresa, na que entre outras cousas, non fai máis que comentar cada ano o ben que lle avi a empresa, e que sempre medran non sei que % con respecto o ano anterior, sabendo que a ese gandeiro secadra lle baixaron 5-10 ptas o litor de leite. estanse a rir na propia cara dos gandeiros, e a administración é complice o permitir simplemente que se consuma antes o leite de fóra que o propio producido no pais. Como sempre, o sector, sufre as consecuencia dos pactos e convenios que manteñen outros ministerios con outros paises. E así será, uns vendendo “purrela de leite” e facéndose de ouro, mentres outros lévanlles a calidade a prezos máis baixo que fai 15 anos.
eu levo uns días retrasadísima das noticias domundo mundial e do galego!!! q triste dios!! cando van facer algo¿? como poden permitir eso e de que van vivir estas familias¿?¿?¿?¿
http://elprogreso.galiciae.com/nova/32156.html#anchor_login