Investigadores do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da Universidade de Santiago (USC) recollen nun estudio que o depósito da Cova de Eirós, en Triacastela (Lugo), revela a primeira presenza de humanos modernos en Galicia.
Os investigadores deste grupo da USC traballan na escavación desta cova xunto cun equipo do Institut Catalá de Paleoecología Humana i Evolució Social (IPHES) [Universitat Rovira i Virgili], Tarragona; [ver canal en YouTube]. Destacaron que os traballos desenvolvidos revelan a importancia deste depósito para o estudio dos modos de vida dos neandertales no Paleolítico medio.
Coas exploracions na cova de Eirós, en Triacastela, o xacemento cromañón que se creía máis antigo de Galicia, a Cova da Valiña (Bolaño, Castroverde) perde a súa condición(Anexo Gif dos elementos atopados na cova). Os artefactos que foron achados nesta gruta (A cova da Valiña) están clasificados inicialmente na industria chatelperroniense -unha cultura que precedeu á auriñaciense nos inicios do Paleolítico Superior- e atribuídos ao Homo sapiens. Non entanto, esta atribución foi moi discutida e hoxe considérase que estes vestixios pertencen probablemente ao Paleolítico Medio.
O xacemento de Cova Eirós convertese así no primeiro xacemento galego da cultura auriñaciense e tamén o primeiro rastro comprobado da presenza do home de Cromañón en Galicia, o que axuda a enfocar doutro xeito as orixes do poblamiento do Homo sapiens en Galicia. A cova de Triacastela pasa agora a representar o cambio de era que supuxo a chegada do Homo sapiens moderno.
Tags: bolaño, Concello de Castroverde, cova da valiña, turismo