Outra volta máis polas piscinas

2009
06.03

Parece que as piscinas por fin chegan o último capítulo,  aínda que mellor non nombrar a palabra último nin final, nun tema coma este.

As boas novas son que xa está publicado no BOP(Boletín Oficial da Provincia) o anuncio de licitación da obra. É decir, que aínda se estás a tempo(quedan 13 días naturais) de presentar a túa oferta, pola nada despreciable cifra de 711.279,53€.

Eso inclúe segundo o anucio de licitación en “Construcción de piscinas públicas descubertas con vestiarios e  servizos na área recreativa de “Veiga do Olmo”” .

Extraendo este anuncio podese dividir en tres partes fundamentais:

– Construcción de Piscinas Descubertas: Nada de reformas, serán completamente novas. Normal cando levan tanto tempo abandonadas.

– Vestiarios: Segundo parece tamén se construirán novos, non reformando tampouco os anteriores. Creo que é boa medida facer algo máis acorde o entorno e non un pegote como o actual.

– Servizos: Esto é o máis desconcertante. Que tipo de servizos?  Alcantarillado? Bancos? Herba?

Seguiremos atentos, sen duda!

Tags: , , ,

3 Responses to “Outra volta máis polas piscinas”

  1. pilladooo di:

    Moi boa a nova. Por fin logo!!! Ou eso parece!!

    Saúdos

  2. Lu di:

    si… eu non cantaría victoria ainda antes d tempo jejejeje
    esperemos (crucemos os dedos)

  3. […] E ese sí sería o remate ‘real’ desta estrada, a LU-P-1201, que leva más de 17 anos levando parches, falsas promesas de fins, e convertendoa nunha ‘historia interminable’. Tal e como lle aconteceu a piscina no seu día. […]