Onte confirmaronse os investimentos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no noso concello. Serán unhos 180.000 € en obras en Castroverde con cargo ao Plan E. Así o confirmou o presidente da confederación, Francisco Fernández Liñares, co alcalde, Xosé María Arias Fernández.
Serán actuacións no río Chamoso, tamén coñecido como Recesende, e outra no Rego da Feira. Segundo aclara o progreso e a voz de Galicia, a Confederación procederá á recuperación e acondicionamento deste caudal situado nas inmediacións do campo da festa(aínda que xa non se celebra alí) e das piscinas municipais(aínda sin terminar). As obras consistirán no acondicionamento das marxes e na suxeción da ribeira con mantas de coco (mantas de fibra de coco para envolvelo solo contra a erosión do chan). Esta actuación suporá un investimento que pode variar entre os 60.000 e 80.000 €.
Nas inmediacións do Camiño Primitivo de Santiago, o obxectivo e a creaciçon dunha área de descanso, a beira do río Chamoso. Será un investimento de arredor dos 100.000 €.
Tags: actuacions, Concello de Castroverde, confederación hidrográfica, miño-sil, rio sil, sio miño
http 405
erroor
haber cando empezan cos traballos!!! 😀
e haber si non se cumple o pronostico de ver as obras das piscinas cando seamos todos uns aweletes…….. 😀 jejeje