A medicina popular no concello (I)

2009
06.15

A curación mediante ensalmos era ata fai poucos anos unha práctica habitual, especialmente dalgunhas enfermedades ligadas os osos, como son,  “da caída da espinilla e a paletilla”. Cuando falamos de “espinilla” referise a un conxunto de vértebras dispostas en fila e cuntas entre sí, formando o eixe do esqueleto e sosteñen o corpo humano. Pola outra banda, co nome de “paletilla” aludimos a cada un dos osos planos que articulan o brazo co hombro. Un dos procedementos más característicos de curación (que  recolle Blanco Prado, José Manuel. “Las enfermedades de la vista y de las lombrices en la provincia de Lugo. Ensalmos y rituales etnomédicos”. Culturas Populares. Revista Electrónica 6 (enero-junio 2008)) é o recitado de ensalmos, o que se coñece coma  “levantar de palabra”.

En Montecubeiro sentaban o enfermo no suelo. Logo, cos brazos elevados, debían igualalas puntas dos dedos. Finalmente, mentras o enfermo permanecía inmóvil e sentado, recitabase durante sete días seguidos o seguinte ensalmo para conseguir unha total curación:

San Xoán e Santa Ana

tiveron á Virxe María,

dela naceu o noso Señor Jesucristo

que lle levanta a paletilla e espiñela

a (nombre del enfermo),

polo poder de Deus e da Virxe María,

un painoso e un avemaría

Informante de Montecubeiro (Castroverde).

En San Miguel do Camiño para sanar a espinilla facíase unha pequena cruz sobre a mesma e decíase o seguinte ensalmo:

Ana parió a Santa Ana,

Santa Ana parió a María,

María parió a Jesús.

Como estas tres cousas

son pura verdad,

espinilla vólvete ó teu lugar,

como as ondas do mar.

Lucrecia Arias Fernández. De San Miguel do Camiño. De 75 anos.

Comparte o teu ensalmo para a curación dalgunha enfermedade!

Tags: , , , , , , , ,

2 Responses to “A medicina popular no concello (I)”

  1. Lu di:

    santa ana pario a maria
    maria pario a jesus
    asi como estas tres palabras son ciertas y verdaderas
    que se levante la espinilla “sabugo sabugal” ¿?( aqui dudo) de …………………. fulanito de tal…………….
    por el poder de Dios y la virgen maria
    con este padrenuestro y………….. (juer o alzeimer empeza a furrular)

    xro xlas veces q a mi me deixan feito tal historia xa podía ter eu ben a espalda 🙂
    (unha señora coa q vivía nos meus tempos de “estudianta” )
    sentada cos pes xuntos e espalda recta, brazos en cruz e hacia arriba ben xuntos pa igualar… nunca igualaban e dpois sí….. (eso si era extraño)

  2. Lu di:

    ah!! a señora era da zona do Corgo hacia Puebla 🙂

    e si volvo a vela ( q xa ten q ter 98 anazos +- e ta tan demacrada q casi prefiro non vela e recordala con algun ano menos) xa intentarei escribila receita 🙂