Unha (agora xa) ex banqueira alemana que “facía de Robin Hood” para axudar a clientes pobres (normalmente) foi condenada a 22 meses de prisión (non terá que cumplilos).
A muller, de 62 anos, traballaba como directora dunha sucursal do banco Raiffeisen na cidade de Bornheim. O modus operandi consisitía en desviar por un corto periodo de tempo o diñeiro de clientes con moitos ingresos e con grandes contas as de aqueles que no momento o necesitaban urxentemente para garantizar a supervivencia. Máis tarde transfería as sumas prestadas aos propietarios lexítimos.
“A xente viña e suplicaba a miña axuda. Eu deixabame persuadir”, confesou a banqueira durante o xuicio.
Nunca tomou nada para a súas contas. Todo este entramado funcionou perfectamente durante aproximadamente un ano ata que un día en 2003 non se puido soster máis. Alguns clientes foron aumentado as deudas ata limites que fixeron imposible devolver toda a cuantía os seus lexitimos propietarios. Foron uns 1,1 Millons de € dun total de 7,6 e non puido devolvelos a tempo.
A realidade supera unha vez máis a ficción.
Pero como podía mover esas cantidade de € sen que naide se dera conta?
Tags: banca, economía, ficción, misterio, robin hood
uiiiii… se eu che contara!!
jejeje………….o q penso eu e q DEBERIA HABER MAIS BANQUEIROS ASI!!!! alegrome d q non vaia cumplir a condena……………….¿?pq non a vai cumplir ou?? por edade?