PLANE -2ª Parte

2009
11.25

O Goberno acaba de aprobar(a principios deste mes) un novo Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL). É a 2ª parte do famoso Plan E de xigantescos carteis que vemos por todos os lados, en obras importantes e noutras non tanto, pois tamén. E para Castroverde un Centro de Día…

El Concello de Castroverde destinará los 336.000 euros que le corresponden del nuevo Feil del Gobierno central a la construcción de un centro de día, según adelantó ayer el alcalde, el socialista Xosé María Arias, quien anunció que buscará el apoyo de la Xunta para financiar este servicio, cuyo coste total cifra en unos 800.000 euros. El regidor avanzó que el Ayuntamiento dedicará a estas instalaciones una finca municipal de unos 4.000 metros cuadrados que se ubica en la Rúa da Feira, cerca de las piscinas municipales. Xosé María Arias indicó que en marzo el gobierno local ya solicitó a la Consellería de Traballo la creación de un centro de día, aunque hasta la fecha no obtuvo respuesta. El Concello se comprometía a aportar la finca, valorada en 350.000 euros, y el 20% del coste total de esta actuación, pidiendo al departamento autonómico que sufragase el 80% restante. El alcalde, que dijo que en las próximas semanas ultimará el proyecto de la obra, que debe presentarse antes de que acabe el año, espera una respuesta positiva de la Xunta. «Coa decisión de usar todos os fondos do Feil neste servizo favorecemos aos cidadáns e tamén á Xunta, que agora tería que aportar só o 60% do custo», subrayó Arias. No obstante, recalcó que si el gobierno local no recibe el respaldo de la Xunta para esta actuación, buscará la colaboración de otras administraciones o incluso construirá el centro en varias fases, «porque é unha necesidade social do concello».

Que che parece esta decisión? Cres que hai outras obras que teñen máis urxencia?

Tags: , , , ,

2 Responses to “PLANE -2ª Parte”

  1. caralladas76 di:

    Aos non entendidos (e aos neocon e liberais tamén) pode parecerlles unha parvada ou ‘tirar os cartos’, pero a teoría keynesiana di que unha crise de demanda (como foi a de 1929 e como é a actual) resólvese, ou cando menos palíase, xerando demanda, aínda que sexa “facendo buracos para logo tapalos”, textualmente.

    Cando unha economía entra nunha crise de demanda, as empresas baixan a producción e teñen que comezar a botar xente á rúa. A xente que non ten traballo ten o mal costume de empezar a apretar o cinto, mira ti. Logo a demanda cae máis, e as empresas teñen que axustar aínda máis a producción, botando máis xente á rúa… e a roda empeza a xirar.

    Como é difícil que esa roda pare por obra e gracia da man invisible do mercado, os estados teñen que intervir. No caso español están a optar por xerar emprego nun dos sectores máis castigados, o constructor. De ahi que as obras do plan E sexan repoñer beirarrúas e demáis.

    Logo, por suposto, se a obra que se fai ten utilidade, pois moito mellor, claro. Unha cousa é que ‘facer e tapar buracos’ poida parar a caída da demanda, e outra que case mellor é non facer o parvo, e facer os buracos e darlles algunha utilidade.

  2. undetrodea di:

    A min a obra paréceme interesante e necesaria, pero secadra non tan apurada. Sempre, e mais nos tempos que corremos, deberíanse se consensuar centros destes que collan máis poboación e territorio. Non vexo lóxica facer un centro destes en cada un dos concellos. Por outra banda, si a finca a pon o concello, e secadra me meto moito sen entender, pero 800.000 euros paréceme algo moito demais,e lévame a pensar de si non hai edificios no concello que se poidan reutilizar para este fin, pregunto soamente.