Aprobado o orzamento para o ano 2010

2010
01.26

O pleno do concello ven de aprobar unhos novos presupostos para este ano 2010.  O máis destacado é a redución de 444.461€ con respecto ao presuposto do ano anterior, a pesar do incremento nas retribucions dos funcionarios do concello, aprobado este pasado ano por unanimidade de todas as forzas políticas con representación.

Ás reduccions máis destacadas son en persoal, 4.000€, e investimentos, redúcese case nun 50%, uns 400.000 €.

Esperemos que o centro de día, a gardería e demais servicios estén axina dispoñibles. Será unha boa noticia para todos.

O pleno de Castroverde aprobou este xoves(18-01-2009) o orzamento do Concello para 2010, que ascende a 1.923.793 euros, dos que 550.000 destinaranse a investimentos, destacando unha partida duns 400.000 euros para as piscinas. As contas deseñadas polo goberno que encabeza o socialista Xosé María Arias saíron adiante co respaldo dos edís do seu grupo, xa que PP e BNG Orzamentos 2010 concello de castroverderexeitáronas ao estar en desacordo cos “excesivos” gastos de persoal, entre outros puntos.

O portavoz do PP, Manuel Penado, tachou os orzamentos de irreais ao estar “inflados” con transferencias doutras administracións, e subliñou a “nula capacidade” que queda ao Concello para levar a cabo os seus propios investimentos. Ademais, criticou a contía dos gastos de persoal (492.000 euros) cando se debería dar exemplo de “austeridade”.

O portavoz do BNG, Pablo Ferreiro, tachou as contas de regresivas, xa que as partidas destinadas a persoal e gastos correntes “restan diñeiro a investimentos”. Ademais, lamentou que non se concreten os investimentos, polo que “o alcalde ten as mans libres para facer o que lle apeteza”.

Ante estas críticas, o tenente de alcalde, Fernando Pillado, recordou as dificultades financeiras dos municipios pequenos. “Oxalá sigamos inflando as contas con achegas doutras administracións, se non, non teriamos servizos como as piscinas”, ironizou. Pola súa banda, o rexedor, Xosé María Arias recalcou, ademais, o apoio recibido do Goberno central a través do plan E, “co que se mollou con todos os municipios por igual”. Contrapuxo esa actitude co “bloqueo” da nova Xunta, á que instou a que “empece a deixar diñeiro aos concellos”. Sobre os gastos de persoal, asegurou que o bipartito de Touriño sufragou a contratación de persoal en Castroverde para rozas e conservación de vías, “pero agora Feijóo non fai eses convenios e temos que asumir ese custo, porque ese traballo hai que facelo”.

* Centro de día. O pleno tamén aprobou por unanimidade destinar os 336.000 euros do plan E á primeira fase do centro de día, tal como adiantou hai días o alcalde, que estimou o custo total do proxecto nuns 800.000 euros. Pese ao acordo unánime, PP e BNG manifestaron a súa preocupación por que se destinen eses fondos a este servizo sen pechar antes o financiamento de todo o proxecto. O alcalde culpou á Xunta desa situación por non resolver a orde para financiar estes centros que publicou no principio do ano, á que se acolleu o Concello. “Se antes a Xunta tiña que pór o 80% dos fondos, agora só tería que achegar un 50%, e ademais pomos os terreos”, subliñou sobre o esforzo do Concello. Arias instou o Goberno galego a que “resolva xa esa orde”, tras o que dixo que de non ter o seu apoio, recorrerá a outras administracións.
* Gardería. Durante a sesión tamén se aprobou por unanimidade unha moción do BNG para demandar da Xunta a creación dunha escola infantil no municipio, unha proposta na que se incluíu o compromiso do goberno local de ceder para a súa construción terreos contiguos á leira na que se erixirá o centro de día.
* Mellora de dúas pistas.
O Concello instará á Consellería de Medio Rural a que mellore as pistas de Tórdea a Miranda e de Espasande a Mouriz, a proposta do PP. Ademais, o goberno comprometeuse a estudar a mellora do acceso a Vilalle.
* Dependencia. A corporación local tamén acordou contratar os servizos de Asistencia Castroverde S.L. para que apoie os traballos que realiza o persoal municipal para prestar o servizo de axuda no fogar a persoas dependentes.

2 Responses to “Aprobado o orzamento para o ano 2010”

  1. caralladas di:

    Na exposición fotográfica sobre Galiza nos anos 20 de Ruth Mathilda Anderson, que está en exposición na Fundación Caixa Galicia de A Coruña ata o 28 de febreiro tes algunha foto de Castroverde, e tamén algunhas máis do entorno. Bótalle unha ollada, vaiche gustar.

  2. Lu di:

    si, pasamos d ter 7 barrendeiros xlas aceras a non ter ken mire pa ti se che cae unha parede encima………. nin ken roce nin………….. jeje xro wno, e gracioso… parece comfirmar akelo q suele dicir miña nai sobre os excesos… q o final…………. 🙂 haber se saen adiante o esperado……. centro d dia, garderia,…… ahi deberanse crear postos d traballo….. esperemos q sexan paxente cualificada e a ser posible do pobo (q haberla haila)