Forestación e outras herbas

2011
11.17

Aquí vos deixo un video sacado na parroquia de Páramo donde o SLG (Sindicato Labrego Galego) denuncia forestacións ilegais en terras agrarias na parroquia.
Falan no video a secretaria xeral do Sindicato, Carme Freire; e os gandeiros Henrique López e Ignacio Arias.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ofti7gUq-Qk" width="425" height="350" wmode="transparent"/]

¿Volveremos a ver algún día os montes cultivados?

Tags: , , , , ,

2 Responses to “Forestación e outras herbas”

  1. UndeTordea di:

    Con esto demóstranse moitas cousas:
    1. Nin esta administración nin ningunha que a precedeu fixo unha aposta polo medio rural. Unha aposta seria e decidida. Non fan falta cartos para tomar decisións. Cunha correcta ordenación dos cultivos xa sería moito!!!. Ou ben non interesa porque haxa unha trama como di Carmen Freire, ou o máis seguro é que non interese electoralmente xa que se tratarían de medidas antipopulares
    2. que nesta terra maravillosa somos os que a habitamos non nos merecemos vivir nela. Uns por falta de collóns e evitar xa fai tempo o que sucede. E outros por insolidarios con veciños. A maioría da xente que fai as plantacións non vive xa do rural. Fixoo seguramente noutra época, e a sus falta de solidariedade perxudica os veciños colindantes. Se non as cultiva é porque non lle fai falta. ¿ que aporta ese veciño á comunidade de veciños dun pobo?
    3. con estas accións menosprecina o que eles mesmos fixeron. Toman o cultivo da terra como algo antigo e atraso, e creense ter a razón. Inconscientes deles pensan que o avance dunha sociedade ben por abandoar todo o que os uniu a terra, e non se dan conta que os seus antepasados, eles traballaron nela, e quen sabe si os que cuspen para riba terán que volver a ela.
    4. Afeitos a facer o que queremos, creemonos que o rural é o terreo sen lei. Normas como noutros pasíses fan que eses países sexan envexados. ¿Ou pensan que o país máis poderoso de Europa (Alemaña) non ten un medio rural regulado? Moitos viaxes tiñamos que facer por alá e moitas charlas nos tiñan que dar os dalá aquí. Por un lado mellor que non veñan, que caeríamos da vergoña que nos farían pasar.
    5. ¿E despois desto que queda?está claro que odios entre veciños, rencillas, enriquecemento de non se sabe quen e catastrofe. A falta de solidariedade é o mal máis común en calquera pobo de Galicia nestes tempos. A soberbia e a arrogancia segueo. E por rematar o saco a prepotencia infundada sobre o resto durante tempo. A ver o día que estoupa o saco

    Cada vez extráñame menos que esteamos onda estamos e como estamos. Co mediocres que somos. E como non vamos ser mediocres de pensamento e caciques do medio rural, si jactámonos de haber defraudado tanto a facenda ou de facer unha trampa para cobrar un seguro.Como non vamos ser así se os que nos representan meten a man e o brazo no saco e nada mal nos parece. Como non vamos ser mediocres se as empresas que parecen despuntar na zona non son máis que fraudes feitos de cartón-pedra para cobrar unhas subvencións. Canto tiñamos que viaxar!!! viaxar e ver. Pero todos, porque que o fagan uns poucos só serve para darlles paus cando volven dese viaxe que lles abre os ollos, xa que os tacharemos de tolos e instigadores de revolución. Temos o que nos merecemos. Que bem nos está

  2. lu di:

    eu oq penso e q ante o “despoboamento” e envellecemento do rural, o q pasou e q se empezou a plantar en masa xa fai anos, non sei si dakelas as leis estaban claras e concisas como estan ahora
    e enton foi pasando…… moi tipico noso.. ir pasando….

    eso x un lado,
    x outro ai villas nas que non queda ningun veciño traballando as terras, enton si un planta as fincas, plantamolas todos! 1º q si non unha vez medran os 1º pinos plantados, a finca siguiente xa non sirve para nada, e 2º que lle vou facer a finca?? e 3º planto eu tamen e deixome de lios, pq si denuncias o veciño buscaste unha enemistade para a vida enteira, non tendo pq ser asi, …. xro e asi

    eu o q non entendo e……. (ahora cas leis claras, hoxe en dia)
    temos vixiantes d montes, guardias e cousas desas non si¿?

    pois comenteille eu a un desos, dun veciño que teño, q non se denuncia por aquelo que e veciño, xro a que se jode son eu, eu non teño cara a denuncialo, estando no meu dereito, xro el si a ten a joderme a miña finca ca sombra dos seus pinos, donde non pode plantalos,nin distancias nin osti..
    e dixome a min o bo do garda “”mira, vas ali a xunta, e non sei donde dis que …….”, pq claro , eu si vou denunciar todo o q esta mal……- y tal y tal y tal.!!!!!!!!!
    (a coña e que fun e non din atopado nin o sitio) xro weno, eso e cousa miña q en cuestion d papeis son moi torpiña…

    xro digo eu……… si ese garda me ve tirando unha colilla no medio do monte a min si que me vai ver e recoñecer e non se vai meter en ningun lio si me denuncia¿?¿?¿?
    si me ve facendo unha fogatiña pa facer un churraskin tal cual, digo eu
    e non digamos q te vexan tirando calquera cousa, enterrando un bicho, ou metendo algo d escombro nun camiño barrento!!!!!!!!!!!!!

    os q fan as leis, fanas, xro dpois non as fan cumplir!! a non ser, q estes facendo media mal, con todas as precaucions do mudno! 🙁

Your Reply