Gracias a Manuel P, que nos envia un interesante artigo sobre a posibilidade de que a Unesco admita o ‘Camiño Primitivo‘ como patrimonio da humanidade.
O Camiño Primitivo na súa orixe foi o utilizado polos primeiros devotos, chegados do nacente reino asturiano. Trátase do primeiro itinerario xacobeo, de aí a súa actual denominación, “Camiño primitivo ou de Oviedo”. Esta ruta foi seguida posiblemente, aínda que sen confirmación histórica, polo rei Alfonso II o Casto, desde a capital do reino astur, en Oviedo, ata a tumba de Santiago, no primeiro terzo do século IX.
A UNESCO recibiu a candidatura das rutas xacobeas do Camiño de Santiago do Norte recentemente –é a única proposta de España en 2012 para converterse en Patrimonio Mundial– e solicita agora máis información para valorar a iniciativa, que afecta a Galicia e outro cinco comunidades, que levan dende 2006 preparando esta iniciativa.
O Camiño Primitivo, pola súa banda, tivo na cidade de Oviedo o seu principal punto de orixe, pero foi seguido tamén por peregrinos doutras partes do norte de España e de Europa. Foi posiblemente un itinerario seguro e frecuentado ata que xa en pleno século X consolídase o actual Camiño Francés desde León, a nova capital do Reino.
É precisamente o Camiño Francés o que xa conta coa declaración de Patrimonio Mundial.
Un dos puntos máis polémicos é a delimitación dos camiños e as distintas alternativas, donde se deberá chegar a un acordo cos concellos e asociacións para incorporar o informe. Neste posible informe pode figurar ‘Santiago de Masoucos‘, que a pesar de non ser paso frecuente de peregrinos, si parece probable que nalgún momento fora lugar de paso dos peregrinos.
Na próxima entrada, e ao fío do camiño presentareivos a ‘Elena’, unha rusa en Masoucos.