Desafía Marzo Saúde

2013
01.29

Con apenas un mes de preparación, donde o primeiro obxectivo e mui ambicioso era rematar a proba, o desafío Marzo Saúde foi  o meu primeiro duatlón de orientación. Cunha organización de dez, a cargo de Marzo Saúde, as espectativas cumplironse.

Realmente creíao un deporte cun esforzo demasiado grande para o obxetivo a alcanzar, pero a miña motivación de terminar, e sobre todo probar con Pablo como era eso de orientar.

O primeiro sector a pé, pasouse rápido, con un mínimo error na primeira baliza, e un máis grave na baliza do muíño, onde, seguimos a outra parexa que nos lastrou  algo de tempo. Pero sobre todo o peor aquí foi cruzar o río, cunha gran crecida, e evitar perder tempo por volver atrás.

A parte de bici comezou mui ben, aínda que cun problema mecánico, que solventamos con inestimable axuda de jose, que estaba sacando fotos nese punto. O tempo o principio acompañou, pero a medida que subíamos, foi a peor, cunha chuvia intermitente pero intensa, que se acentou na baliza máis alta, donde facía un forte aire, frío…, e con escasas forzas, máis que o orgullo, sabedor despois, de que o resto era unha baixada cara o punto de tránsito.

En ese punto recuperei sensacións, gracias ao aquarius de Pablo, e fixen a parte facil, hasta o  punto de control, e cambio ao terceiro sector.

Mui fácil, este último sector, de apenas 1,5 km, que fixemos rapidamente, para acabar desfeito, pero satisfeito por esta primeira carreira de orientación Desafío Marzo Saúde.

Tamén contento pola calsificación final, no posto 15, a pesar do escaso tempo que puiden entrenar.

Enhorabuena a tod@s, sobre todo a Pablo, pola súa compresión, xa que se clasificaría máis arriba, a Marzo Saúde pola exceltene organización e trato, así como a todos os participantes, especialmente os de castroverde, que mantuvemos o pabellón mui alto.

Aquí vos deixo unha foto nun momento da proba

One Response to “Desafía Marzo Saúde”

  1. Jose Luis di:

    Ayudan anos con este nuevo evento.
    Un saludo

Your Reply