Archive for Febreiro, 2013

Perspicaz


2013
02.20

2012-10-23 21.29.56

Perspicaz – Dícise dunha persoa aguda,capaz de percatarse con facilidade das  cousas máis difíciles.

Esta é a mellor definición para a persona que planteou o plano que ilustra esta entrada. Distribuidor central, e acceso independiente nunha planta superior amplia.
Sí, non é fácil facer unha parede, sobre todo de pedra, das que se esborrallan polos elementos, ou porque o veciño lle ven mal. É aínda máis dificil facela sen axuda do tan ansiado e cacarexado cemento. Así, ese elemento histórico que fai que os minifundios galegos rindan por debaixo das suas posibilidades… é para outros unha oportunidade de traballo, e facer valer as súas capacidades.

Traigo a colación as paredes porque da igual que sexa de pedra pequena ou cantería de calquera volumen, os nosos homes perspicaces poden con todo dunha maneira casi perfecta.

Este home poderíase chamar José, Luis, Manolo ou Pepe e dos que temos que estar agradecidos, porque cada vez quedan menos que teñan presente as técnicas que se transmiten de xeneración en xeneración, e que aplican día a día creando paredes:
“dúas sobre unha e unha sobre dúas, todas ao cordel, pero sen tocar nel”

Ceferino de Moreira


2013
02.01

O pasado día 15 de Agosto de 2012, o diario el Progreso, acercábase a O Pando de Donís (Cervantes) para facer un artículo sobre o aumento de población nos meses estivais, dun lugar que non conta con luz ou auga, e que acolle aos ‘veraneantes‘ . Alí coincidiron con Ceferino de Moreira.

Moreira é deses pueblos curiosos, de montaña, aos pes do Cuiña, reconocido a kilómetros por unha contrucción peculiar. Alí Ceferino era dos escasos habitantes durante todo o ano. Puiden estar con él este mismo fin de semana, aínda que xa coincidimos na súa casa noutras ocasións.

Esta foi especial, xa que nos acolleu de forma excepcional, e descubrimos o que leva dentro. Puidemos observar a súa grande capacidade de traballo, e que a pesar dos anos, seguía levando unha rutina doutra época, algo de admirar.

Este fin de semana un derrame cerebral que non puido superar deixouno no camiño. Algo que te sorprende despois de velo cunha axilidade impropia da súa edad, así como pola súa capacidade para contar todo tipo de historias coas que me embelesou.