Perspicaz

2013
02.20

2012-10-23 21.29.56

Perspicaz – Dícise dunha persoa aguda,capaz de percatarse con facilidade das  cousas máis difíciles.

Esta é a mellor definición para a persona que planteou o plano que ilustra esta entrada. Distribuidor central, e acceso independiente nunha planta superior amplia.
Sí, non é fácil facer unha parede, sobre todo de pedra, das que se esborrallan polos elementos, ou porque o veciño lle ven mal. É aínda máis dificil facela sen axuda do tan ansiado e cacarexado cemento. Así, ese elemento histórico que fai que os minifundios galegos rindan por debaixo das suas posibilidades… é para outros unha oportunidade de traballo, e facer valer as súas capacidades.

Traigo a colación as paredes porque da igual que sexa de pedra pequena ou cantería de calquera volumen, os nosos homes perspicaces poden con todo dunha maneira casi perfecta.

Este home poderíase chamar José, Luis, Manolo ou Pepe e dos que temos que estar agradecidos, porque cada vez quedan menos que teñan presente as técnicas que se transmiten de xeneración en xeneración, e que aplican día a día creando paredes:
“dúas sobre unha e unha sobre dúas, todas ao cordel, pero sen tocar nel”

Comments are closed.