Perdín a vista querida,
apagouse a miña vela;
para min sempre é de noite
¡Vaiame a Madalena!Perdín a vista querida,
a prenda que mais valía;
non me queda que perder
astra que perda a vida.Vou ganando o meu panciño
facendo mofa de min;
as miñas bágoas por viño
miña dor por violín.Veñan señores e escoiten
farei que esquezas as bágoas
que eu sei os cantos mellores
e as historias mais estranas.Como sin saber qué como
e astra non son reparado
que a miña fame non compre
distingui-lo bon do malo.Morrerei calquera noite
cá miña noite mais crara;
cecais no cumio dun monte
os corvos faranme a cama.
Tags: cantos de cego, Cega, Concello de Castroverde, miranda, mirandela, Peredo, poema