Archive for Maio, 2015

Máis que un desplome


2015
05.26

wpid-img-20150222-wa0011.jpgAntigamente, chamábase escribán ao que por oficio público estaba autorizado para dar fe das escrituras e demais actos que se desenvolvían ante el.

A foto que acompaña a este artigo foi a casa dun escribán numerario. Escribán numerario era aquel que  podía exercer o seu oficio nun pobo ou distrito a que estaba asignado con exclusión de calquera outro.

Chamábase así por ser fixo e determinado o número dos que actuaban en cada punto.

O deterioro sen fin das casas polo despoboamento do rural fixo que se desplomará unha das fachadas da, neste caso féminas, ‘Casa das Escribanas’.  Un sinal máis que advirte do perigo de non ter políticas demográficas, e opcións de futuro para o interior. Non só para determinados concellos como o de castroverde, baleira, baralla, etc, senón e sobre todo para o interior das provincias de lugo de ourense.

¿Ata cando?

Queda alguén aí?


2015
05.23

O documental “Queda alguén aí?” de Rafa Cid (2007) aborda a grave e crecente despobación rural no interior de Galicia.  Concretamente trata a vida en Pedroso (Concello do Riós), como exemplo do que está a ocorrer en amplas rexións do interior de Galicia: a despoboación extrema do rural.

Dada a idade media no Pedroso, para a maioría dos habitantes a morte é unha constante na súa vida, e por iso deciden gastar o diñeiro ‘dos piñeiros’ na construción dun tanatorio do máis luxoso.

A morte das aldeas, tal e como tradicionalmente se entenden, ligadas ás actividades agrarias, antóllase inevitable. As propostas alternativas non deixan de ser iso, alternativas, e as aldeas máis afastadas dos núcleos urbanos, aínda que nos doa, irán desaparecendo.

¿Que outro investimento máis rendible co tanatorio se pode facer no Pedroso?¿por que teñen que renunciar eles aos seus caprichos se os que teñen que administrar o diñeiro público non o fan? Podemos debatelo.

¿Alternativas?

¿Quen ten que dalas? A administracción cala, os políticos omiten… e o interior desaproveitado e coa esperanza de futuro moi merdada. ¿Ata cando? A esperanza é o último que se perde.

Una lección de vida e de morto por parte do avó, imperdible.