O autor

2007
12.04

Nacín a principios dos anos 80 en Castrogreen (Castroverde), vivín na cidade das murallas (Lugo), estudiei en salamanca (ou charrolandia), e como bon galego emigrei a Madrid. Tamén puiden disfrutar da vida Coruña (A Capi, considerada oficiosa de Galicia polos coruñentos).
Actualmente estou nun momento de cambio, buscando un sitio concreto no me u mundo.

E por suposto, sempre que podo, menos do que me gustaría, vou para a “aldea”(Masoucos). Quizais por eso aprendín a facer cousas como contar as estrelas, respetar a natureza, velo horizonte por onde cada día se pon o sol, etc., etc, entre outras moitas.

Persoalmente non me gusta o mundo no que nos tocou vivir…guerras, contaminación, hipocresía, especulación, egoísmo,… pasa o tempo e non aprendemos nada da historia, ésta repítese unha e outra vez en distintos escenarios e parecidos resultados.

Gusto de formar parte desa minoría (cada vez máis pequena) de persoas que nos gusta axudar a outra xente e a súa vez ser axudado por outros, gústame pensar que se poden cambiar as cousas por moi grande que sexa a parede que haxa que saltar.

Nun papeliño di que son informático, noutro di que son máis informática aínda, e nun terceiro di que podo dar clase a rapaces e rapazas… máis ben son un inconformista aínda que de vez en cando me guste esto da informática (cada vez máis, ou menos, depende como se vexa).

Pero máis o fai a miña xente é as miñas aficions, como o baloncesto, sempre do breogán, e o futbol, sempre da S.D. Castroverde, ainda que case calquer deporte me guste, bici, futbol sala, etc.

Comezei nesto dos blogs a primeiros de 2006, cando aínda estaba en Madrid, por eso hai unha versión do blog, chamada ‘Dende a Terra Extranxeira’, non tuvo éxito, e agora se transformou en ‘A Fiestra de Masoucos o Mundo‘, pero foi realmente en 2007 cando mo tomei con máis ánimo.

Falo do que me peta cada día, e non sei sobre qué o farei mañá¡ Eso pode ser unha boa razón para visitarme todolos días, ou non¡

Sempre serás benvido, aínda que non che poda ofrecer nada do outro mundo, ainda que sí Agradecerche a túa visita, e recomendarche que volvas canto antes¡

Muitas gracias¡

Atendo en [email protected], e sen pedir cita previa, todo un luxo¡

Agárdote¡

4 Responses to “O autor”

  1. Nosoutras di:

    Hai moito tempo que lemos este blog, pero non tiñamos suficiente decisión para escribirche algo, pero hoxe despois de reeleer este post, tomamos a decisión de dedicarche os nosos pensamentos máis profundos.-

    Somos nadas nos anos oitenta, nunha aldea; nos tamén emigramos polos camiños do redor.

    Pola contra, nos intentamos sair da aldea, pero só chegamos a outras cercanas, levamos toda a vida vivindo aquí, e non temos a sorte de saber facer cousas como contar as estrelas, velo horizonte por onde cada día se sae o sol, entre outras moitas.-

    Persoalmente non nos gusta o mundo no que nos tocou vivir…xatos, cochos, cains, mulas, ratas, bestias, coellos… que son fermosos… pero non pa vivir diles, e iso que pasa o tempo é aprendemos da historia, xa que cada día temos mellores aparellos para traballar, pero reiteramos que non estamos conformes ca vida que nos tocou vivir.

    “Gusto de formar parte desa minoría (cada vez máis pequena) de persoas que nos gusta axudar a outra xente e a súa vez ser axudado por outros, gústame pensar que se poden cambiar as cousas por moi grande que sexa o muro que hai que saltar” Como ti ben dis que che gusta axudar, propoñemosche que veñas axudar a esta aldea que o necesita de verdade, pero aqui non hay tempo para a informática, o baloncesto, fútbol, bici e calquer tipo de deporte que non sexa correr detrás das vacas.

    Nun papel di que temos que traballares moito se non, non chegamos a fin de mes.

    Comenzamos nisto dos blogs, dende que coñecemos iste, e máis a ti!.

    As túas fans incondicionais…

    Moitas grazas¡

  2. masoucos di:

    Alégrome ben que vos decidírades a escribir por fin, sempre se pode aprender dos demais, e tamén dos pensamentos profundos, que non sempre son bos conselleiros e tampouco os máis acertados, creo.

    Comecemos por partes. Gustaríame saber onde nacestes, eu estou moi ledo de dicir de onde veño, e cara onde vou.
    É lóxico tamén que non lle deades importancia a facer cousas que so se fan en sitios pequenos, ou pobos do interior, pero cando non o teñades o alcance da man, botarédelo de menos, ou polo menos a min pásame. Ademais tendes que estar moi fachendosas de ser dun lugar que de seguro e ben fermoso, ‘entre outras moitas’. 😉

    Amólame non coñecer o mundo que vos tocou vivir, pero si vos podo axudar a que contedes as vosas historias, que decides que vos tocou vivir, seguro que son moi interesantes. Despois desta man aberta, dicir tamén que ter mellores aparellos para traballar non quere dicir que se aprenda da historia, XD, e claro que hai que estar moi orgulloso da vida que lle toca vivir a cada quen, senón sempre se pode intentar atopar algo mellor.

    Como é normal, non podo ir a axudar a un lugar que non sei onde queda, non me importaría, por outra banda, máis tamén en Masoucos temos moitas cousas por facer, e xa que eu non podo, e non me importaría correr tras das vacas, eu reitérovos a proposta de escribir as vosas vivencias neste espazo da rede…

    Nun papel di que tendes que pagar facturas, non que teñades que traballar, son cousas que normalmente van xuntas pero non son o mesmo, e pensade sempre, que vos tedes traballo, hai outra moita xente que non ten nada…

    E por certo, alguén que traballa correndo tras das vacas, ou eso contades, como está máis de 1 hora navegando polo meu blog, para despois publicar nun post, ás 01:03 da noite? E aínda máis, para que crear unha conta de correo que conteña, ‘nosotras’, para non ser recoñecidas? É mui doado chegar e encher, pero en ocasions, cando se fai unha critica, constructiva, ou non, non é mellor dala cara? Como me imaxino que si leredes o blog tódolos días, hoxe vou poñer algo adicado a vós(‘nosotras’).

    É unha boa nova que empezarades con isto dos blogs gracias a min, xa so con iso me sinto ben, e máis se me coñecedes. É un logro moi importante.

    Jajajaj, isto si que ten gracia, as miñas fans incondicionais…, jjejeje, moitas gracias a vós, foi un pracer… e ata pronto.

  3. Neliña! di:

    miña naiciña querida……………non coñecia tantas cousas eu de ti! eeeee, faltouche concretar a data do teu nacemento,….xa sei os mais cercanos sabeno e os non tan cercanos tamen, pero para os demais, por si coincide nese dia en concreto podemos, (co que avanzan as tecnoloxias, enviarche una tarta via mail……)jejjeje.
    Saudos

  4. Tino di:

    Seguro que xa o sabías, todo eso, e muito máis. Non mintas, que compartimos relacion… en Madrid 😉

    O día que nacín… o que queira que pregunte¡¡ non?

    Unha tarta non, pero ideas para pasar a internet… non estaría mal¡