A maioría de ‘indignados’ da porta do sol en Madrid levantaron o seu campamento. Cumpriron a promesa, limpouse a zona e instalouse alí un punto único de información, mentras o movemento continuará de forma descentralizada.
Aínda que os indginados das principais cidades galegas que permanecen acampados dende o pasado día 17 de maio “non levantarán” as acampadas ao “non cumprir aínda” os seus obxectivos como “conseguir unha democracia máis real”. Os campamentos seguirán nas prazas e centrarán o seu traballo na preparación da marcha que terá lugar o próximo día 19 de xuño en todo o resto de cidades.