Posts Tagged ‘Anthony bonner’

Ata pronto: Devin “Maravilla” Davis


2008
04.30

Devin Davis machacando

4 – Devin ‘Maravilla’ Lavall Davis, ala-pívote norteamericano naceu en (Miami) fai 32 anos e mide 2,00 metros de altura. Non ocupa plaza de extracomunitario ao dispoñer de pasaporte español.

Formado na Universidad de “MiamiOhio (NCAA, 93/97), foi elixido co nº 4 no draft Draft da CBA polos Idaho Stampede, equipo no que xugou durante a campaña 97/98. Chegou a España no 1998 para xugar no Ciudad de Huelva (ACB) sustituindo a James Forrest.

A tempada seguinte repetiu en ACB co CB Gran Canaria antes de fichar polo Breogán (ACB), na tempada 99/00 en sustitución de Kenny Green. Foi exactamente o 26 de septembro de 1999. Aquel día, o Breogán recibía ao Barcelona na quinta xornada da súa primera temporada tras o regreso a ACB.

Despois de perder contra o Estudiantes, o Manresa, o Forum(Valladolid) e o Gran Canarias, chegou a Lugo un tal Devin Davis. Pouco se sabía del, máis ca era un pivote americano con pasado na ACB. O seu debut non puido ser mellor. Davis puxose a camiseta do breogán por primera vez, o día no que Cesar Sanmartín arrasou ao Barcelona por 90-66. O héroe, que con 7 triplas sen fallo(creo) gañou ao equipo catalán, e acabou con 33 puntos, pero Davis puso xa muitas cousas na cancha. Xugou 30 minutos e anotou só tres de once tiros, capturou oito rebotes (cinco ofensivos), repartiu catro asistencias e roubou tres balons.

En Lugo fixo o seu mellor baloncesto xunto a outro recén chegado naquela época, sustituindo a rod maison, Anthony bonner. Xuntos fixeron un bo baloncesto no pazo, davis unhas 5 tempadas, nesa primeira época.

Na tempada 04/05 fichou polo FC Barcelona (ACB) despois de conseguir a nacionalidade española, se ben terminou nas filas do Forum Filatélico (ACB), que ese mesmo ano remataría por descender o breo nunha última xornada de infarto.

A pasada campaña(2006-07) iniciouna no Bruesa GBC (ACB), equipo desde o que voltou ao Breogán a campaña pasada.

Davin Davis é o máximo reboteador da historia do Breogán, e o segundo máximo anotador do equipo. Era un ‘catro’ que se movía ben cerca do aro, onde cos seus movementos, reversos, ou tiros de 4-5 metros facía moito dano. Ten boa capacidade atlética, co compensa a súa escaseza de altura. Pero o seu punto forte é a súa defensa, coa súa entregas e bo facer no rebote ofensivo.

A noticia é que o clube difundiu un comunicado no que se atribue a rescisión do seu contrato debido a “grave lesión” sufrida polo pívote no seu hombreiro izquierdo no partido contra o Cantabria, “que lle obligará a pasar polo quirófano”.

Unha simple biografía, para que sirva como despedida a un grande xogador que se irá de Lugo sin un homenaxe, coma outros o fixeron antes. Graciñas, e ata pronto.