Posts Tagged ‘caer’

Alonso caeme mal


2008
04.29

alonsoReconozco, non son fan de Alonso. Caéme mal. Ultimamente un mal resultado, un abandono ou arañar un punto no campeonato do mundo de F1 é un éxito, que digo un éxito, unha proeza e unha fazaña sen precedentes.

Por qué alabar a un piloto que a pesar da súa boa condución, pon outras cousas como disculpa, e non consiga bos resultados? Pobre. Houbo unha época na que tampouco o tiña, (anterior etapa con renault) e gañou dous títulos a pesar do malos que eran, e os malos tornillos. As carreiras nesa época eran mérito unicamente seu, se non o facía era culpa do coche.

Fai ben pouco conducía un coche -galáctico– pero claro, tiña disculpas: facianlle a cama desde dentro, menos “De la Rosa“,Alonso claro, había tratos de favor cara o seu compañeiro e máximo rival, e tamén como non, copiabanlle a telemetría para darlle todolos mellores datos o seu fillo predilecto, si, o torpe Hamilton. Pero tamén estaba o Safety Car, que sempre xogaba en contra dos seus intereses, e de Magic Alonso, que impedía unha e outra vez fazañas, remontadas e fitos históricos.

O día que poida aglutinar el o Safety Car, ao tornillos, a telemetría, e o resto de factores que di ter en contra, seguramente volverá gañar, a pesar da súa gran habilidade para pilotar. Ese ano tocalle, seguro!