Preséntovos a Elena, unha rusa en Masoucos.
Parece o título dunha película pero a realidade sempre supera a ficción.
Esta rusa, chegou a Masoucos cando iva de volta cara a fonsagrada, desde santiago de compostela.
Estaba totalmente perdida, despois de interpretar mal as señales existentes na ‘vacariza’. Ter que recorrer máis de dous quilómetros por un camiño que non era ‘o que esperaba’, o de Santiago, nun primeiro momento non a convenceu.
Por ese camiño e en dous quilómetros por fin atopu a alguén a quen preguntar, por o ‘camiño de volta de santiago’. Todo nun intelixible español, aínda que non fluido. Ante a miña sorpresa e como creía que non entendía, insitiu na súa pregunta nun perfecto inglés. Despois de indicarlle, o retorno a senda correcta, puidemos falar un anaco. Nese tempo contoume o espectacular do lugar, sobre todo a gran cantidade de auga que existía, o bosque, e o botino do pueblo ‘it’s so beatiful’, repetía.
Continuou o camiño despois de rechazar calquera tipo de axuda, cara a súa meta, baleira, para o día seguinte chegar a Fonsagrada, o seu lugar de destino, antes de volver a súa Rusia natal donde decía, ‘is very different, it is colder in Russia‘.
Good bye Elena. See you… soon
O Camiño Primitivo na súa orixe foi o utilizado polos primeiros devotos, chegados do nacente reino asturiano. Trátase do primeiro itinerario xacobeo, de aí a súa actual denominación, “Camiño primitivo ou de Oviedo”. Esta ruta foi seguida posiblemente, aínda que sen confirmación histórica, polo rei Alfonso II o Casto, desde a capital do reino astur, en Oviedo, ata a tumba de Santiago, no primeiro terzo do século IX.
O Camiño Primitivo, pola súa banda, tivo na cidade de Oviedo o seu principal punto de orixe, pero foi seguido tamén por peregrinos doutras partes do norte de España e de Europa. Foi posiblemente un itinerario seguro e frecuentado ata que xa en pleno século X consolídase o actual Camiño Francés desde León, a nova capital do Reino.
Xa pasou
O rexedor explicou que para dar o visto e prace á obra restaba por obter a autorización da Confederación Hidrográfica, necesaria xa que as instalacións construiranse preto dun arroio. Arias sinalou que, tras superarse este trámite, a S.A. de Xestión do Xacobeo xa pode sacar a licitación a obra, proceso que espera que non se demore para que o local poida estar rematado para o verán, cando se espera unha maior afluencia de peregrinos.
construción e contará con 30 prazas. Disporá de dous dormitorios con sete literas cada un, dúas habitacións adaptadas para persoas con discapacidade e aseos tamén adaptados, ademais doutros espazos comúns como cociña, comedor e sala de estar.
Castroverde, a Casa-Torre, a igrexa, o Hospital de Gondar ou toda a contorna do pobo de Soutomerille.