Posts Tagged ‘carqueixa’

Victoria e promoción de ascenso


2009
03.03

Resultados
Guntín – Lugo 3 – 2
Sagrado Cor. – Muralla 2 – 0
Río Sil – Castroverde 0 – 2
Antas – Pradeda 1 – 0
Lucense – Oural 0 – 2
Portomarín – Comercial 1 – 2
Friol – Garabolos 3 – 0
Rubián – Calasancio 0 – 3

a próxima fin de semana xogaranse os seguintes partidos; onde destaca a visita do lider a Veiga do Olmo.

Próxima Xornada
Muralla-Lugo
Castroverde-Sagrado Corazón
Pradeda-Río Sil
Oural-Antas
Comercial-Lucense
Garabolos-Portomarín
Calasancio-Friol
Rubián-Guntín

Victoria da SD Castroverde no campo da Carqueixa por cero goles a dous, diante dun Rio Sil que pelexou, pero non foi quen de poñer en apuros a portería visitante.

Nunha primeira parte intensa, o Castroverde dispuxo das mellores ocasions nun partido, que como anécdota, contou coa presencia de dúas árbitros auxiliares, cousa pouco frecuente na terceira rexional, que axudaron ao árbitro principal, que levou sen problemas o partido.

O primeiro gol, foi cun pase de Richard que Albino a trompicons se leva e marca por iba o porteiro local. Un a cero e partido encarrilado na primeira media hora. Dez minutos máis tarde a sentencia por parte de Marcos, o mellor do partido, que con velocidade encara a portería e cun tiro cruzado marca o segundo.

A segunda parte non tivo historia, e o Rio Sil intentou ir ao ataque no pequeno campo da carqueixa, pero non foi posible. As mellares ocasions foron de novo para o Castroverde, nas botas de Albino cun disparo ao longueiro, e tamén nas de Gelo, que disparou axustado pero non atopou portería.

Con esta nova victoria, o Castroverde súbese os tres primeiros postos que dan dereito o ascenso a segunda rexional. O próximo partido, na casa o domingo, e diante do lider, o Sagrado Corazón.

S.D. Castroverde: 1-Marcos I, 2-Óscar, 3-Bruno, 4-Pere, 5-Juán, 6-Toño, 7-Albino, 8-Marcos II, 9-Carlos, 10-Richard, 11-Gelo. Tamén xogaron Manolo, Tino e Iglesias.

Equipo(Clasificación) Xo. Ga. Em. Pe. G. F. G. C. Puntos
1. Sagrado Corazón 22 15 3 4 37 16 48
2. Calasancio 21 14 5 2 50 18 47
3. Castroverde 21 14 3 4 52 24 45
4. Muralla 22 13 5 4 43 17 44
5. Oural 22 11 8 3 50 27 43
6. Comercial 22 10 7 5 42 35 37
7. Friol 22 8 7 7 41 31 31
8. Rubián 21 8 7 6 37 37 31
9. Portomarín 22 9 3 10 37 35 30
10. Río Sil 22 8 5 9 21 30 29
11. Antas 22 8 4 10 35 49 28
12. Guntín 22 4 8 10 25 39 20
13. Lugo 22 5 2 15 30 58 17
14. Garabolos 22 4 4 14 24 43 16
15. Lucense 22 2 4 16 20 62 10
16. Pradeda 21 1 5 15 22 45 8