Perdín a vista querida,
apagouse a miña vela;
para min sempre é de noite
¡Vaiame a Madalena!Perdín a vista querida,
a prenda que mais valía;
non me queda que perder
astra que perda a vida.Vou ganando o meu panciño
facendo mofa de min;
as miñas bágoas por viño
miña dor por violín.Veñan señores e escoiten
farei que esquezas as bágoas
que eu sei os cantos mellores
e as historias mais estranas.Como sin saber qué como
e astra non son reparado
que a miña fame non compre
distingui-lo bon do malo.Morrerei calquera noite
cá miña noite mais crara;
cecais no cumio dun monte
os corvos faranme a cama.
Posts Tagged ‘Concello de Castroverde’
Triste Poema
06.24
Camiñando cara castroverde
09.20
“Camiñando con Xoán” é unha colección de cortes tomados en distintos lugares da provincia de Lugo, pola fundación TIC.
O pasado día 16, Xoan visitou o Concello de Castroverde. Concretamente Bolaño, Castroverde e Montecubeiro, dos que como non, deixou boas palabras, é un dato practicamente descoñecido. “Montecubeiro é a parroquia máis grande de Galicia”
Aquí o corte:
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TEUM98u3mmI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
¿Unha destitución, unha reestruturación, un cambio de rumbo?
02.10
Pasará o mesmo que cando o alcalde entrou no goberno? Aceptanse apostas!
|
Colle forma o ansiado albergue
02.05
Xa pasou máis dun ano cando se anunciou a creación dun albergue en Tarrío.Desde aquela ningunha noticia máis. Pero esta pasada semana vense de conceder a licencia definitiva.
Do que nada se comenta, é que no seu día se fixo xunto co albergue, foi da actuación prevista en Soutomerille.
A rehabilitación deste núcleo terá que esperar a mellores tampos para coller de novo vida e romper o silencio.
|
Camiño Primitivo, olvidado as portas do novo Xacobeo
12.29
|
Cabalos sorprendidos
12.15
Excelente foto a tomada por Guillermo Pazos nas próximidades de Castroverde.
A niebla que acompaña dalle ese toque especial aos cabalos e a paisaxe.
O dueño pode reclamar dereitos de imaxe que creo que lee o blog.
Toca máis deporte
06.04
Segundo publica a Voz de Galicia, o portavoz do BNG de Castroverde, Paulo Ferreiro, ven de presentar unha proposta para que o polideportivo municipal permanezca aberto durante máis tempo. Sigue a voz, Ferreiro pretende que as instalacións estean abertas ás horas nas que os mozos aproveitan para facer deporte, sobre todo agora que se aproximan as vacacións.
E tamén se podería ampliar as instalacion do campo de fútbol, a organización de máis eventos deportivos… hai moito por facer. Aproveitar este texto para convocar a todos os rapaces en idade xuvenil que visiten este link.
A Cova da Valiña perde a súa condición.
05.27
Investigadores do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da Universidade de Santiago (USC) recollen nun estudio que o depósito da Cova de Eirós, en Triacastela (Lugo), revela a primeira presenza de humanos modernos en Galicia.
Os investigadores deste grupo da USC traballan na escavación desta cova xunto cun equipo do Institut Catalá de Paleoecología Humana i Evolució Social (IPHES) [Universitat Rovira i Virgili], Tarragona; [ver canal en YouTube]. Destacaron que os traballos desenvolvidos revelan a importancia deste depósito para o estudio dos modos de vida dos neandertales no Paleolítico medio.
Coas exploracions na cova de Eirós, en Triacastela, o xacemento cromañón que se creía máis antigo de Galicia, a Cova da Valiña (Bolaño, Castroverde) perde a súa condición(Anexo Gif dos elementos atopados na cova). Os artefactos que foron achados nesta gruta (A cova da Valiña) están clasificados inicialmente na industria chatelperroniense -unha cultura que precedeu á auriñaciense nos inicios do Paleolítico Superior- e atribuídos ao Homo sapiens. Non entanto, esta atribución foi moi discutida e hoxe considérase que estes vestixios pertencen probablemente ao Paleolítico Medio.
O xacemento de Cova Eirós convertese así no primeiro xacemento galego da cultura auriñaciense e tamén o primeiro rastro comprobado da presenza do home de Cromañón en Galicia, o que axuda a enfocar doutro xeito as orixes do poblamiento do Homo sapiens en Galicia. A cova de Triacastela pasa agora a representar o cambio de era que supuxo a chegada do Homo sapiens moderno.
Guntín plaza maldita
03.30
Os resultados desta xornada 27 son:
Resultados | |
---|---|
Guntín – Castroverde | 0 – 1 |
Muralla – Pradeda | 2 – 0 |
Lugo – Oural | 1 – 4 |
Sagrado Cor. – Comercial | 2 – 1 |
Río Sil – Garabolos | 1 – 3 |
Antas – Calasancio | 2 – 9 |
Lucense – Rubián | 1 – 0 |
Portomarín – Friol | 0 – 1 |
A próxima xornada terá os seguintes encontros:
Próxima Xornada | |
---|---|
Pradeda-Castroverde | |
Oural-Muralla | |
Comercial-Lugo | |
Garabolos-Sagrado Cor. | |
Calasancio-Río Sil | |
Rubián-Antas | |
Friol-Lucense | |
Portomarín-Guntín |
S.D CASTROVERDE: Marcos- Óscar – Manolo – Toño – Javi – Gelo – Albino – Carlos – Marcos gemelo – Richard – Marcos Veiga. 12 – Iván 13 – Chino 14 – Manu 15 – Bruno 16 – Rafa.
Esta foi a primeira visita ao campo do guntín despois do descenso masivo anos atrás para crear a terceira rexional. E ese precisamente é o primeiro pensamento que se lle ven os seguidores do castroverde nesta visita. Pero a historia cambiou ben desde aquela. Un partido importantísimo, no que desta volta era o Castroverde o que non podía fallar se quería seguir na pelea por unha das plazas de ascenso, e máis aínda coa victoria dos seus inmediatos perseguidores (Oural e Muralla) o día anterior.
Cedo comenzaron as primeiras ocasións para os visitantes, aínda que non era a tarde, unhas veces os dianteiros, coa mirada desviada, e outras o acerto do porteiro, o mellor con muito dos locais, facían que o resultado se mantuvera boa parte da primeira metade. Un pase de Gelo o espacio, que recolle Carlos superando cun regate o porteiro. Así marcaba a portería vacía o primeiro, que xa sería o definitivo.
O Guntín pouco inquietou a portería de Marcos ao largo dos 90 minutos, so unha falta na frontal que pasou rozando o poste, e un remate fallido do dianteiro foi o balance ofensivo dos locais en todo o partido.
A S.D. non xogou un bo partido nun campo en magníficas condicións, pero sumou os tres puntos, con unha chea de ocasions fallidas, recordo as ocasions francas para empuxar de Marcos Veiga, Gelo, Carlos, Albino e Manual no último minuto.
O peor do partido e acumulación de outra baixa máis, desta volta manolo, que se suma as da pasada xornada, aínda que volve Juan. Próxima estación Pradeda, ocasión para confirmar un pouco máis a segunda plaza nun campo complicadísimo.
O árbitro un desastre. Dúas espulsions, e varias tarxetas para xogadores de ambos equipos. Unha pena que un partido sen entradas duras, e sen lances do xogo acabe así.
Equipo | X. | G. | E. | P. | G.F. | G.C. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1. Calasancio | 26 | 19 | 5 | 2 | 72 | 20 | 62 |
2. Castroverde | 26 | 17 | 4 | 5 | 61 | 30 | 55 |
3. Oural | 26 | 15 | 8 | 3 | 62 | 30 | 55 |
4. Muralla | 26 | 16 | 6 | 4 | 53 | 18 | 54 |
5. Sagrado Cor. | 26 | 16 | 5 | 5 | 41 | 20 | 53 |
6. Comercial | 27 | 13 | 8 | 6 | 53 | 39 | 47 |
7. Friol | 25 | 10 | 7 | 8 | 48 | 33 | 37 |
8. Portomarín | 26 | 10 | 4 | 12 | 42 | 42 | 34 |
9. Rubián | 26 | 8 | 8 | 10 | 43 | 54 | 32 |
10. Río Sil | 26 | 8 | 5 | 13 | 23 | 43 | 29 |
11. Antas | 26 | 8 | 4 | 14 | 40 | 66 | 28 |
12. Garabolos | 27 | 7 | 5 | 15 | 36 | 48 | 26 |
13. Guntín | 25 | 5 | 9 | 11 | 29 | 41 | 24 |
14. Lugo | 27 | 6 | 2 | 19 | 38 | 76 | 20 |
15. Pradeda | 26 | 3 | 6 | 17 | 30 | 54 | 15 |
16. Lucense | 27 | 3 | 4 | 20 | 23 | 80 | 13 |
VII Festa da Xuventude Castroverde
12.12
Xa está dispoñible un ano máis o cartel da VII Festa da Xuventude de Castroverde, é éste:
Será o 27 de decembro, toda a noite chea de boa música, coas orquestras Hiroshima, e o grupo América.
Colaboran O Concello de Castroverde, e toda a xuventude que ano tras ano fai posible esta Festa.
ESPERÁMOSTE¡¡