Que é un codec?Un codec non é máis que un programa que inclúe un conxunto de algoritmos e instrucións para comprimir e descomprimir vídeo ou audio dixital. De feito, codec son as iniciais de COmpresor / DECompresor. O vídeo ou audio descomprimidos ocuparían moitísimo, por iso é polo que sexa necesario algo que reduza o seu tamaño. Normalmente os algoritmos de compresión empregados levan unha perdida de calidade, polo que sempre interesará utilizar os codecs que máis compresión logren e menos calidade perdan.
Quizá o codec máis famoso sexa o MP3, que serve de exemplo. Unha canción que en MP3 ocúpa uns 3 ó 4 MB con moi boa calidade, descomprimida podería ocupar 10 veces máis. A función do codec é precisamente axudar a diminuír o tamaño do arquivo sen ter unha perda apreciable de calidade. Igualmente para poder reproducir un vídeo ou audio necesitamos o codec co que foi comprimido, non nos vale outro. Isto é porque cada codec ten a súa forma de comprimir e descomprimir, os seus propios algoritmos, distintos en cada caso. De aí a gran cantidade de codecs que existen: uns melloran calidade, outros melloran a compresión…
Solucionar problemas frecuentes na reprodución dos vídeos
En ocasións atopámonos con que no noso computador a maioría dos vídeos reprodúcense mal. Os problemas máis frecuentes son os saltitos na imaxe, as cores que non se corresponden coa realidade, unha excesiva pixelación da película, ou directamente que non se reproduce nada. Se temos un pack de codecs instalado, hai moitísimas posibilidades de que esa sexa a causa do problema.
Pescudar os codecs que utiliza un arquivo
Algúns dos programas máis populares que nos permitirán saber que codecs utilizan os principais tipos de arquivos de vídeo son ‘Gspot’ e ‘MediaInfo’. Estes programas soportan arquivos AVI e MPG (no caso de MediaInfo tamén outros formatos), e darannos moitísima información sobre eles. Desta forma, cando non podamos reproducir un arquivo por falta dun codec, GSpot ou MediaInfo axudarannos a pescudar cal debemos instalar. En xeral, recomendase utilizar GSpot para arquivos AVI, MPG e VOB, e MediaInfo para outros tipos.