Quedo sorprendido ao ver a repercusión do programa de ‘cultura aberta’ tanto en abc na axencia denoticias EFE, na web da deputación de lugo, no el progreso, xornal.com ou la voz de galicia.
Serán un total de 69 actividades culturais en diversos puntos da provincia de Lugo. O programa consta de tres seccións nas que se inclúe o espectáculo cómico Peter Punk, outra sección de cine itinerante e outra de maxia.
Xosé Antón Bao, vicepresidente primeiro da Diputación de Lugo, anunciou durante a súa presentación que Castro de Rei e Castroverde serán os únicos que rexeitaron a invitación que o organismo provincial lles trasladou a todos os municipios lucenses, aceptada sen problemas polos restantes concellos.
E conclúe decindo que as actuacions serán polas tardes, nas cabeceras municipais ou en lugares concurridos. Todas son gratuitas, tanto para o público como para os organismos municipais.
O que tamén sorprende, a declinación dun evento grauito e cultural para o concello, independentemente dos motivos.
O certo e que a asistencia a este tipo de eventos culturais no concello (os poucos que hai) suele ser escasa ou nula, pero creo que non se debe deixar de lado estas oportunidades para enganchar a un público máis amplo.
Crees que é unha medida axeitada? Os eventos culturais non teñen a importancia precisa? O público é moi escaso?