Posts Tagged ‘despoboado’

Soutomerille, rompendo o silencio


2009
02.11

De cara ao Xacobeo 2010, Castroverde por fin disporá de dous albergues(Un en Tarrío, e outro as aforas da vila) para os peregrinos que recorran o camiño primitivo. Será a través da concellería de Innovación e Industria de cara a potenciar os diferentes camiños. Están previstas arredor de 50 intervencións de variada tipoloxía, dende dotacións de albergues e servizos até melloras no patrimonio histórico e artístico, pasando por actuacións nas propias trazas das rutas e espazos públicos.

Soutomerille

Tamén cómpre salientar un conxunto de actuacións especiais pola súa singularidade, tal e como é a rehabilitación do núcleo protexido de Soutomerille (en Castroverde).

Soutomerille, quizais a parroquia máis popular do concello, e non pola súa xente, senón polo silencio. Ten o triste honor de ser a primeira parroquia do concello(espero non estar equivocado) de estar deshabitada. En tempos atrás importante núcleo, contou incluso cun mosteiro, hoxe en día só se conservan as ruinas das casas, e parte das ruinas da súa igrexa prerrománica ou mozárabe (os entendidos non se poñen de acordo), con reformas do S. XVII grabadas na pedra. Hoxe só é silencio, nin San Salvador(o seu patrón) a puido recuperar. Con esta reforma, desaparecerá o silencio?