Dolores Gómez Lage, “A Cega de Miranda “, tamén coñecida como “A Cega de Peredo ” ou tamén “A Pereda“, nacida no lugar de Peredo, Castroverde (Lugo), en 1.874, foi moi célebre en boa parte da provincia de Lugo (en Castroverde, Baleira, O corgo, Baralla e Becerreá sobre todo). Aprende a tocar o violín, conta a lenda, pode que con un violinista do lugar de San Cosme (ou barreiros) que se supón fixera fortuna en Arxentina con dito instrumento.
Casou con Antonio Rivera, veciño de Agustín e xuntos foron vivir a Miranda, razón pola que casi toda a xente a identificaba como a Cega de Miranda. Emparellouse unha segunda vez con Antonio -“Cachorro” de mal nome- que a acompañaba tocando no papel de bombo. Dolores traballaba como instrumentista, era solicitada para facer bailes e festas, ainda que tamén se viu obligada a ir de casa en casa pedindo. Como é habitual nos cegos acudía con frecuencia ás feiras e romarías, facéndose coñecer, para que a xente lle pedira que tocara, ou pasaba ela polas mesas interpretando cousas, polo que lle daban un diñeiro.
Na súa vida errática, tiña determinadas casas de especial confianza en varios lugares que cumplían o papel de fogar cando estaba de viaxe, o que non é de extrañar, pois era moi querida aló por onde iba, xa que facía o que podía pola xente.
Conta Jesús “O Moreno” de O Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro), que nunha ocasión estaba Dolores tocando na Romería do Cebreiro. Entre a xente había un rapaz que estaba cunha moza á que pretendía, e cantoulle unha copla para a ocasión. Tal vez eran cousas que xa tiña ela preparadas para casos así pero a xente quedaba impresionada coa súa capacidade de improvisación:
Aquel que está de aquel lado
xa lle estudiéin os modelos
cando vai ve-la rapaza
deixa adormece-los vellos
E outra cántiga que ela fixo famosa na súa zona e que coñecen varios veciños é:
Son a cega de Peredo
todos me mandan tocar
pero non hai un que diga
cega, voute convidar
Posts Tagged ‘dolores gomez lage’
1 Comment
Dolores (e II)
2009
01.15
01.15