Posts Tagged ‘duatlon cros’

Duatlon cros Castroverde 2009


2009
05.08

Volve de novo o campeonato de España de Duatlon Cros a Castroverde.

Este ano será o 23 de Maio, coma sempre en Vilabade, na ermita e arredores.
O percorrido será o seguinte:
1 segmento: 6 km de carreira a pé; 4 voltas a un circuíto de 1,5 km.
2 segmento:
20 km de bicicleta; 3 voltas a un circuíto de 6,7 km.
3 segmento:
3 km de carreira a pé: 2 voltas a un circuíto de 1,5 km


A carreira a pé discorre por un prado situado ao lado, desde o que se pode ver toda a carreira a pé.
O tramo de ciclismo realízase pola monte situado por detrás da Ermida, pasando en cada volta polas inmediacións da Área de Transicións.

Os tramos de subida e de baixada discorren por pistas forestais amplas.

Así na zona alta da monte o trazado ten características máis técnicas. A zona baixa chega ata as proximidades de vilalle, cruzando un pequeno rego. Todo un reto este circuito, pola súa dura esixencia!

Os premios serán o seguintes, tanto para categoría femenina como masculina:

Premios Individuales
1º y 1ª
367 €
2º y 2ª
262 €
3º y 3ª
198 €
4º y 4ª
145 €
5º y 5ª
104 €
6º y 6ª
93 €
7º y 7ª
78 €
8º y 8ª
67 €
Premios Clubes
1º y 1ª
218 €
2º y 2ª
130 €
3º y 3ª
88 €


Castroverde, capital do duatlon cros.


2008
05.02

Duatlon 2007 Vilabade

Este próximo domingo, día 4 de maio, Castroverde acolle a quinta e última proba do campeonato de España Duatlón Cros.

Esta carreira está organizada pola FETRI (Federación Española de Triatlón) , http://www.triatlon.org/, e FEFEME Triatlon Miño.
A proba constará de 6 km de carreira a pe ao redor da Ermida do Carme, 20 km de bicicleta e para finalizar, de novo 3 km máis a pe.

A saída será para as 10.45, a categoría femenina, e para as 11.30 a masculina. Os favoritos en cada unha das categorías son: a boliviana Agnes Kay Eppers (Cidade de Lugo Fluvial) e a aragonesa Yolanda Magallón (C.P. Mayencos); o barcelonés Victor Manuel del Corral (Inverse Ditec T. Vilanova), actual campeón de España, e o manchego Santiago Arnés (BH Axarquía-Colegio Añoreta).

A Copa de España Sport Life de Duatlón Cros 2008 é unha competición por puntos, na que o Campeonato de España puntúa máis co resto de probas. Farase unha clasificaión individual en cada unha das categorías, e outra por clubes.
Coma sempre as revistas Sport Life, Runner’s World e Bike estarán no evento para levar unha cobertura especial da proba. Ademáis publicarei en directo os tres primeiros clasificados de cada unha das categoría neste mismo blog. E para a semana que ven, tamén estarán dispoñibles as fotos do evento.