Posts Tagged ‘economía’

Que somos nós?


2010
05.06

É unha cousa tan tonta… , pero a parte de facer rir, é un verdadeiro exercicio de creatividade con poucoss recursos económicos. Pégase o “Yo no soy marinero…” nun anuncio que parece que non ten nin xeito, pero que despois de velo non se da sacado da cabeza…

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/3e2FlLxwSFw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

A Robin Hood da Banca


2009
11.24

Unha (agora xa) ex banqueira alemana que facía de Robin Hoodpara axudar a clientes pobres (normalmente) foi condenada a 22 meses de prisión (non terá que cumplilos).

A muller, de 62 anos, traballaba como directora dunha sucursal do banco Raiffeisen na cidade de Bornheim.  O modus operandi consisitía en desviar por un corto periodo de tempo o diñeiro de clientes con moitos ingresos e con grandes contas as de aqueles que  no momento o necesitaban urxentemente para garantizar a supervivencia. Máis tarde transfería as sumas prestadas aos propietarios lexítimos.

“A xente viña e suplicaba a miña axuda. Eu deixabame persuadir”, confesou a banqueira durante o xuicio.

Nunca tomou nada para a súas contas. Todo este entramado funcionou perfectamente durante aproximadamente un ano ata que un día en 2003 non se puido soster máis. Alguns clientes foron aumentado as deudas ata limites que fixeron imposible devolver toda a cuantía os seus lexitimos propietarios. Foron uns 1,1 Millons de €  dun total de 7,6 e non puido devolvelos a tempo.

A realidade supera unha vez máis a ficción.

Pero como podía mover esas cantidade de € sen que naide se dera conta?

Pleno extraordinario


2009
01.16

plan parcialA corporación municipal de Castroverde pronunciarase mañá (hoxe día 16) sobre a aprobación definitiva do plan parcial identificado como Sur D-3, a desenvolver na localidade. Na sesión extraordinaria, fixada para a unha da tarde, tamén figura a proposta de aprobación do proxecto e delegación de competencias para a tramitación do Fondo Estatal de Investimento Local.

O último punto estará dedicado ás obras nas piscinas descubertas de Veiga del Olmo.

Mañá a unha do mediodía levarase a cabo o pleno onde se aprobará o plan parcial, SurD3. Concretamente non sabemos mui de que se trata, a única referencia, non sei se moi fiable, é a da aprobación do PXOM, onde se decía que “o sector SUR ND-3 tiñan as mesmas condicións que o solo rústico de protección forestal lindeiro con el. Ademais, o SUR.ND.3 encóntrase en terreos de fortes pendentes (comorecoñece a memoria (páx. 26), por tanto con unha topografía desfavorable para ao desenvolvemento urbanístico.”

Quizais Millán, nos poida mañá indicar moito mellor en que consiste o plan parcial, e qué foi que se aprobou no pleno.

plan parcialCon respecto ao fondo estatal de Investimento Local, xa ten aprobados os seus primeiro proxectos, e así, ten na provincia de Lugo, polo momento, proxectos aprobados nos concellos de Ribeira de Piquín, Ribadeo, Palas de Rei, Outeiro de Rei, Mondoñedo, Láncara e Becerreá.

O concello de Castroverde, no que segundo o padrón somos 3.148 habitantes, corresponden 557.159 € (Financiación máxima, con IVA) para xestionar, a través do Fondo Estatal de Investimento Local, e que aínda está sen aprobar. Poderanse presentar proxectos, vía telemática, ata o próximo día 24 de Xaneiro, para calquera concello que o queira solicitar. Seguiremos de cerca, para comentar e debatir, cales son os proxectos realizados.

P.D. Cal é a razón pola que non aparecen este tipo de avisos na páxina web do concello?