Posts Tagged ‘El progreso’

Deica mañá, e gracias


2009
03.18

Reproduzco o artigo de homenaxe de sabela corbelle, presidenta da asociación de prensa de lugo, cara un bo amigo, que sempre que podía axudaba. Sempre con ideas na cachola, e como non, xuntazas, a súa verdadeira debilidade. Nada mellor que este artigo para facerlle ese pequeno homenaxe que nunca será dabondo.
Facer xornalismo supón vivir ó pé da noticia pero poucas veces somos nós os que protagonizamos os distintos acontecementos. O noso compañeiro José Alonso converteuse onte, por unha mala pasada do destino, no protagonista dunha triste noticia: a do seu pasamento repentino, no centro de Madrid, a onde viaxara para impartir unha conferencia nunha universidade. Xornalista de nacemento e de vocación, Alonso era todo un referente entre o colectivo de profesionais que nos adicamos a este noble e duro oficio de contar o día a día. Ós seus 60 anos, cumpridos o día de San Martiño, viña de prexubilarse despois de catro décadas adicado por enteiro á súa profesión, a de xornalista, que antepuxo á súa outra vocación inicial, a de mestre. Xefe, nalgúns casos, e compañeiro, noutros, Alonso —como lle chamabamos todos— estaba sempre aí, lembrándonos ás outras xeracións os corenta anos de profesión testemuñas da historia máis recente de Lugo. Catro décadas de crónicas políticas, locais ou sociais labradas primeiro a golpe de máquina de escribir e, nos últimos anos, de ordenador.

Alonso deixounos, pero se algún privilexio ten esta profesión é a de poder seguir vivo, a través do tempo, no papel impreso. O que queda aí, nas hemerotecas. O que forma parte da historia cotiá de Lugo. Unha historia que el contou, día a día, desde o seu posto de traballo, cumprindo coa súa paixón: a de ser cronista da vida mesma.

O colectivo de xornalistas de Lugo queremos facer público o noso pesar polo seu pasamento e solidarizámonos, cunha forte aperta, coa súa dona, Ester, e os seus fillos, Martín e Enma, tamén compañeira nosa de profesión.

Alonso, para nós, non morreu. Seguirá aí. Por iso mesmo, vénme agora á cabeza as súas palabras de despedida cando remataba a súa xornada laboral: “Deica mañá”. Si, deica mañá, compañeiro.

Pola miña banda, so queda decirche, deica mañá, e gracias, moitas gracias.

Calquera tempo pasado, sempre foi…


2008
06.16

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible todavía ver el blog en español. Si estás interesado, puedes colaborar en su traducción, o probar el enlace con la versión original: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/Disculpa las molestias¡ [/lang_es][lang_gl] Ten razón Cancións: na Deputación sempre houbo moito bloqueiro.

O que pasa é que agora semella que estean desatados. Cando me falan do tema, sempre recordo a Arximiro Fernández Arias. Era o número dous da lista coa que o BNG se presentou ás eleccións municipais de maio de 1995 en Castroverde. Froito do pacto de goberno entre nacionalistas (catro) e socialistas (dous), Arximiro acabou de tenente de alcalde, ás ordes de Miguel Roberto Rodríguez, o último rexedor que tivo o BNG en Lugo antes de Severino Rodríguez de Monforte.

Recordo que era o voceiro municipal do BNG e dáballe bastante estopa aos cinco do PP.Pero ao ano, deixou o cargo e renunciou á corporación. Despois veu a moción de censura que lle deu o poder a Xosé María Fernández Arias, que hoxe aínda segue alí.

Arximiro era (e é, creo) traballador da área económica da Deputación. E o rumor que correu daquela é que dende San Marcos chamárano a capítulo para que deixara o Concello. Nunca, por suposto, puidemos saber que había de certo.

Si, xa sei que parezo o Abuelo Cebolleta. Vou ter que abrir unha categoría histórica.

Estas son as ‘Letras Vaqueiras’ que publica periódicamente, Ángel Vaqueiro no diario El Progreso, e que reproduzco no blog.

Unha época de turbulencias políticas, na que como din os xornáis da épocaunha moción de censura fai perigar a alcaldía de Castroverde, única do BNG na provincia de Lugo. Tres ex-concelleiros do BNG, dous do PP e dous concelleiros do PSdeG-PSOE presentaron a moción contra o edil nacionalista Miguel Rodríguez que ata agora gobernaba gracias ao apoio do Grupo Socialista”. Foi en Octubre do ano 1997. Podes seguir a evolución das distintas eleccións no concello na galipedia, e despois recorda deixar a túa opinión¡¡¡ Sempre interesa¡

[/lang_gl]