Posts Tagged ‘empleo’

Pleno extraordinario


2009
01.16

plan parcialA corporación municipal de Castroverde pronunciarase mañá (hoxe día 16) sobre a aprobación definitiva do plan parcial identificado como Sur D-3, a desenvolver na localidade. Na sesión extraordinaria, fixada para a unha da tarde, tamén figura a proposta de aprobación do proxecto e delegación de competencias para a tramitación do Fondo Estatal de Investimento Local.

O último punto estará dedicado ás obras nas piscinas descubertas de Veiga del Olmo.

Mañá a unha do mediodía levarase a cabo o pleno onde se aprobará o plan parcial, SurD3. Concretamente non sabemos mui de que se trata, a única referencia, non sei se moi fiable, é a da aprobación do PXOM, onde se decía que “o sector SUR ND-3 tiñan as mesmas condicións que o solo rústico de protección forestal lindeiro con el. Ademais, o SUR.ND.3 encóntrase en terreos de fortes pendentes (comorecoñece a memoria (páx. 26), por tanto con unha topografía desfavorable para ao desenvolvemento urbanístico.”

Quizais Millán, nos poida mañá indicar moito mellor en que consiste o plan parcial, e qué foi que se aprobou no pleno.

plan parcialCon respecto ao fondo estatal de Investimento Local, xa ten aprobados os seus primeiro proxectos, e así, ten na provincia de Lugo, polo momento, proxectos aprobados nos concellos de Ribeira de Piquín, Ribadeo, Palas de Rei, Outeiro de Rei, Mondoñedo, Láncara e Becerreá.

O concello de Castroverde, no que segundo o padrón somos 3.148 habitantes, corresponden 557.159 € (Financiación máxima, con IVA) para xestionar, a través do Fondo Estatal de Investimento Local, e que aínda está sen aprobar. Poderanse presentar proxectos, vía telemática, ata o próximo día 24 de Xaneiro, para calquera concello que o queira solicitar. Seguiremos de cerca, para comentar e debatir, cales son os proxectos realizados.

P.D. Cal é a razón pola que non aparecen este tipo de avisos na páxina web do concello?