Posts Tagged ‘ERE’

Leite Pascual, ERE, xustificacions e demagoxia


2009
05.25

Leite Pascual, ven de adicar un anuncio enteiro a demostrar que o precio do leite o vale, e non lle falta razón. Co que xa non podemos estar de acordo e co precio que estas e outras marcas pagan en orixe, pero aquí está o anuncio:
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/5TiCqpfU-U4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Despois de anunciar esta mesma semana pasada a presentación dun expediente de regulación de emprego, con extinción de contrato, que afectará a 155 traballadores da fábrica de Outeiro de Rei e a máis de 400 gandeiros,  agora saca un anuncio ¿criticando? as marcas blancas.

Este anuncio  ‘xustifica‘ o  SUPERIOR precio dos seus productos frente ás marcas brancas con motivos como “recollida de leite a diario”, “mellores equipos de veterinarios” e “maiores controis de calidade”. Discutibles todas Muxidoraelas.

Ata fai ben pouco, non máis de dous anos, Central Lechera Asturiana, Pascual e Puleva controlaban un 40% das vendas de leite envasada en Galicia. Hoxe, a tarta reduciuse para estas tres empresas ata un escaso 25%. Pero que fan? aumentar en publicidade? Canta máis publicidade fai a marca, máis caro é o litro de leite. Para baixar os precios deberían empezar por reducir en publicidade e en intermediarios!.

O gandeiro recibe, hoxe por hoxe, uns 17-20 céntimos por litro. Se logo de todo o proceso o venden por 97 (por exemplo)céntimos ou incluso máis, onde van eses aproximadamente 80 céntimos?.

80 céntimos de diferencia nos supostos  ‘controis de calidade extra‘ da marca? Increible.